Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O grupo guardés -Santos Morcegos-presenta novo disco

A presentación oficial do Proxecto terá lugar o Venres 28 de Decembro de 2018 no Círculo de Artesanos de A Coruña (Rúa San Andrés, 36) a partir das 21:30 horas, con entrada de balde.

A presentación oficial do Proxecto terá lugar o Venres 28 de Decembro de 2018 no Círculo de Artesanos de A Coruña (Rúa San Andrés, 36) a partir das 21:30 horas, con entrada de balde.

Fecha: 28 de Diciembre de 2018

Fuente: Santos Morcegos

Os Santos Morcegos!!! son unha banda de "surf/western rock instrumental" da Guarda formada por tres mozos de provincia, enxebres, de raíces punk e calamitosamente adorables.

A súa música instrumental di moito, e "fala" en Galego; unha música irreverente nas formas, pero profundamente respectuosa no fondo -o fondo mariño-. No seu imaxinario de argazo e desaugadoiros abrazan o ridículo, idealizan o antiestético e mostran unha obsesión patolóxica pola cultura oral, o patrimonio intanxible das xentes e pobos do mar, e o folclore da Galiza máis fonda.

Esta actitude válese no ofuscado interese de contextualizar gráfica e idealmente os seus discos, designio no que colaboran man a man co deseñador gráfico, historietista e ilustrador Alejandro Viñuela Agra "Jano" dende a súa primeira demo "The Abrecadaver EP" en 2008. Dous LPs e dous EPs ("Ecstasy of Fedorento"(2010), "Raios e Centolas"(2013) e "Corre Canceliñas, Corre!"(2015)," Lendas Urbanoides"(2017)), e unha compilación en formato dixital, seguiron a estela daquela primeira referencia , cadansúa delas xirando arredor dunha idea conceptual: unha lenda fronteiriza, un foraxido, ou unha balea varada na praia... apoiándose nos deseños de Jano, e outorgando tanta importancia á "redacción da imaxe" coma ás músicas.

Jano é un artista de 1,80 m. de eslora, en lide constante entre o intrépido soñador e o crítico indómito que agocha no seu interior. Na súa extensa obra atópanse o humor máis ácido coa crítica social, nunha perturbadora pero sedutora estética mínima, case infantil. Amante da música, devorador do inframundo e apaixonado, irresistible a distancia "corta-pega" e simpático na súa "tonalidade". Algunhas das súas publicacións máis notables son "Ratoon", "Operario", "3 x 1" ou "A Voz do Vento", ilustrando poemario de Manuel María.

Esta colaboración ao longo de toda unha década acada o seu punto álxido coa presentación dun devezo proxecto, "As Narco-Corridas dos Santos Morcegos!!!" , dando unha pasada máis ambiciosa na mestura de Banda Deseñada e Música Instrumental, e que verá a luz a principios do ano 2019: unha novela gráfica/cómic de oito ilustracións compostas simultaneamente e en sintonía con oito temas musicais, que relatan unha vez máis eses pequenos grandes anacos da nosa disparatada e xenuína historia.

A vertente máis ecléctica dos Santos Morcegos!!!, onde afloran matices post rock e ritmos selváticos para acompañar as súas composicións xa clásicas de western/épica, comungan coa maxia brava do lapis de Jano, nunha esmorga artística sen precedentes no "underground" da escena musical/artístico galegas.

A presentación oficial do Proxecto terá lugar o Venres 28 de Decembro de 2018 no Círculo de Artesanos de A Coruña (Rúa San Andrés, 36) a partir das 21:30 horas, con entrada de balde.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones