Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O grupo municipal do Partido Popular de Tui reclama unha parada para buses turísticos na Corredoira

O único lugar para esta parada é o Paseo da Corredoira para garantir a seguridade vial destes visitantes que acceden así por vías peonís ao conxunto histórico tudense.

O único lugar para esta parada é o Paseo da Corredoira para garantir a seguridade vial destes visitantes que acceden así por vías peonís ao conxunto histórico tudense.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Junio de 2020

Fuente: PP de Tui

O grupo municipal do Partido Popular de Tui reclama que na nova ordenación de tráfico e estacionamento nas rúas Augusto González Besada e Paseo da Corredoira se estableza unha zona para a parada dos autobuses que transportan aos numerosos grupos turísticos que visitan á nosa cidade ao longo do ano e que teñen unha importante repercusión no ámbito turístico local.

De novo o goberno municipal tudense aborda os temas con improvisación e sen consultar aos sectores afectados polas medidas que adopta. Así nesta nova regulación de estacionamentos deixa sen lugar de parada aos autobuses que traen visitantes á nosa localidade. O único lugar para esta parada é o Paseo da Corredoira para garantir a seguridade vial destes visitantes que acceden así por vías peonís ao conxunto histórico tudense.

Cando existe unha evidente preocupación pola recuperación do sector turístico nun futuro postcovid, resulta sorprendente que dende o goberno municipal non haxa unha sensibilidade ao respecto pois se existen dificultades para unha parada moitos das axencias deixaran de acudir a Tui co impacto negativo que unha medida asi tería na nosa cidade.

O grupo municipal do Partido Popular lamenta tamén que nesta reordenación de tráfico nas rúas Augusto González Besada e o tramo do Paseo da Corredoira teña primado os vehículos sobre as persoas, ao converter estas céntricas rúas, especialmente, a rúa Augusto G. Besada, de gran peso comercial, en zona de estacionamento sen apostar tamén pola mobilidade dos peóns incrementando o ancho das beirarrúas favorecendo así aos peóns e as dinámicas comerciais.

Por último este grupo pregunta se estas medidas figuran no Plan de Mobilidade Urbana Sustentable presentado polo Alcalde tudense no pasado mes de outubro logo dun investimento de máis de 13.000 euros e que nunca mais foi citado polo goberno municipal tudense e tampouco entregado aos grupos municipais. Están estas medidas de peonalización da Corredoira e reordenación estacionamentos incluídas nese plan?

Por que se non fora así para que se investiron 13.000 euros nun plan de mobilidade?

Ou tendo un plan de mobilidade o goberno municipal improvisa tamén neste tema como en tantos outros?
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí