Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O grupo municipal do PP comparte as inquedanzas dos Ambulantes tudenses e oponse ao proxecto de traslado do mercado dos xoves á zona de camfran

Presentará o luns unha moción ao respecto para o seu debate no Pleno reclamando unha negociación co sector comercial

Presentará o luns unha moción ao respecto para o seu debate no Pleno reclamando unha negociación co sector comercial

Fecha: 15 de Junio de 2020

Fuente: PP de Tui

O Grupo Municipal do Partido Popular de Tui comparte plenamente a inquedanza e preocupación do sector da venda ambulante tudense diante do proxecto do goberno municipal de Enrique Cabaleiro de trasladar o mercado semanal do xoves dende a súa actual localización á zona de Camfran.
 
O mercado semanal dos xoves é un elemento capital na vocación comercial de Tui, pois congrega semanalmente a un importante número de persoas que dinamizan á vida económica tudense. Por eso este grupo municipal do PP comparte plenamente a preocupación deste colectivo de vendedores ambulantes que comproban o menosprezo do goberno municipal de Tui pois logo de tres de meses de paralización da súa actividade por mor da pandemia do Covid en lugar de encontrar alento e apoio do grupo de goberno atopan a pretensión de deslocalizar o mercado nunha zona fóra do centro urbano e que provocará unha diminución das vendas abocando a este veciños de Tui e da súa contorna a unha crise sen parangón. Un sector que foi excluído ata agora das medidas de reactivación impulsadas polo goberno municipal e que de cumprirse este proxecto de traslado sufriría, pola incompetencia dos concelleiros socialistas, unha dobre crise.
 
O mercado semanal realiza un importante papel de dinamizador da vida comercial tudense retroalimentándose co comercio local. Alonxar o mercado semanal dos establecementos comerciais é un error grave que prexudicara a ambos sectores.
 
O goberno tudense volve dar mostras da súa prepotencia ao promover este cambio de localización sen abrir un proceso de negociación tanto co sector da venda ambulante como co comercio local, impoñendo os seus criterios aos sectores afectados.
 
Neste sentido o grupo municipal do PP presentará este luns unha moción reclamando un debate no Pleno da Corporación sobre este tema e a apertura dun proceso de negociación cos sectores afectados, asi como unha valoración das posibles localizacións deste mercado semanal; que ben podería ocupar toda a zona recentemente peonalizada do Paseo da Corredoira contribuíndo así á súa dinamización, pois lamentablemente esta medida de converter á Corredoira nunha zona peonil non está sendo acompañada da necesaria campaña de promoción e reactivación desta céntrica área comercial, onde este mercado semanal se celebra ininterrompidamente dende 1679. De novo o goberno municipal de Enrique Cabaleiro da mostra da súa improvisación e falla de planificación estratéxica sobre elementos centrais da vida tudense.
 
En definitiva, os populares tudenses expresan a súa solidariedade co sector da venda ambulante e as súas preocupacións polos proxectos do grupo de goberno de trasladar o mercado semanal o que ocasionaría un evidente quebranto ao sector do comercio, tanto ambulante como o comercio local, asi como á propia cidadanía tudense ao situar este tradicional mercado afastado do centro urbano. En consecuencia, dende o grupo municipal do PP de Tui reclaman unha explicación da concelleira de comercio e do alcalde sobre estes proxectos e as medidas de apoio ao comercio e, especialmente, ao sector da venda ambulante adoptadas polo goberno municipal.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones