Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O grupo municipal do PP reclama que se permita a banda de música popular de Tui continuar os seus ensaios no conservatorio

O goberno municipal volve dar mostra da súa prepotencia e de decisión unilaterais

O goberno municipal volve dar mostra da súa prepotencia e de decisión unilaterais

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Septiembre de 2020

Fuente: PP de Tui

O grupo municipal do Partido Popular de Tui solicita que de forma inmediata o goberno municipal tudense explique as razóns polas que se ten obrigado a Banda de Música Popular de Tui a deixar e utilizar as instalacións públicas do Conservatorio e Escola de Música do Concello para realizar os seus ensaios.

No día de hoxe os responsables da Banda de Música Popular de Tui tiveron de entregar as chaves que posibilitaban que esta agrupación musical puidese realizar os seus periódicos ensaios nun lugar que viñan empregando para esta finalidade dende hai moitos anos. Agora nunha decisión unilateral por parte do goberno municipal, coa desculpas das recomendacións sanitarias da Covid 19, e sen mediar un proceso de diálogo cos responsables de agrupación musical para a procura de alternativas se lles expulsa da Conservatorio e Escola de Música. Ademais de compartir espazo tamén se  comparten elementos materiais pois a Banda de Música emprega instrumentos do Conservatorio e viceversa, co que esta decisión perxudica gravemente tamén neste aspecto a ambos colectivos.

Nunha nova oportunidade as decisión unilaterais e prepotentes do goberno municipal prexudican aos cidadáns, neste caso a unha agrupación musical como a Banda de Música Popular de Tui da que os tudenses séntense orgullosos e que reúne a máis de medio centenar de afeccionados, a maioría mozos e mozas que atopan na súa dedicación musical unha alternativa ao seu lecer e formación.

Resulta sorprendente que, en lugar de apoiar á centenaria Banda de Música Popular de Tui, este goberno municipal impida a súa actividade a unha entidade amplamente inxerida na vida social tudense. Ao tempo que provoca unha afronta pois ningunha outra agrupación ou asociación que emprega locais municipais ten sido obrigada a abondar o seu emprazamento.

Dende o grupo municipal do PP reclamamos urxentemente que a concelleira de ensino e cultura negocie cos responsables da Banda de Música Popular de Tui para conseguir que os mesmo poidan manter os seus ensaios en condicións e instalacións dignas. O apoio á educación e a cultura ten en medidas como esta que reclamamos o seu fundamento. Unha xestión que se contenta con expulsar á Banda de Música sen ofrecer solucións so pode se acollida con tristura e rexeitamento, esixindo a procura de solución para estes 50 afeccionados da Banda de Música Popular de Tui.

Este triste episodio é unha mostra máis da deficiente actuación dunha concelleira de cultura e ensino que se ve continuamente superada e incapaz dunha xestión eficiente dos seus departamento. Por comezar, cómpre solicitar o cambio de nome desta concelleira pois o ensino (Conxunto de materias que se lles ensinan aos alumnos, así como os medios e métodos usados para ensinalas, dicionario RAG) non é unha competencia municipal debendo pasar a denominarse, por exemplo, concelleria de educación. 

 

Unha concelleira que, por poñer un par de exemplos, deu por finalizada a súa  pobre programación de verán o 21 de agosto (un mes antes do fin da tempada estival co que implica de limitación dos incentivos para visitar Tui e promover o comercio e hostelería local) ou que non é quen de facer un traballo promocional do conservatorio e escola de música que están agora nunha delicada situación pola escasa matrícula existente o que implicará un substancial aumento da achega municipal a este servizo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones