Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O grupo municipal socialista da Guarda reclama á Consellería de Educación da Xunta de Galicia que paralice a redución do persoal docente do IES A Sangriña

A Xunta pretende unha redución de profesorado, pasando de 76 a 69 docentes. Hai que ter en conta que a Xunta xa reduciu no ano 2021 de 81 a 76 profesores.

A Xunta pretende unha redución de profesorado, pasando de 76 a 69 docentes. Hai que ter en conta que a Xunta xa reduciu no ano 2021 de 81 a 76 profesores.

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Septiembre de 2022

Fuente: PSOE A Guarda

  • A Xunta pretende unha redución de profesorado, pasando de 76 a 69 docentes. Hai que ter en conta que a Xunta xa reduciu no ano 2021 de 81 a 76 profesores.
  • A Xunta de Galicia atenta contra a igualdade de oportunidades e contra os  dereitos básicos da cidadanía guardesa.

O Grupo Municipal Socialista presentou  no Rexistro Municipal  do concello da Guarda,  o pasado 1 de setembro, unha Moción  relativa á reclamación á Xunta de Galicia en relación á redución de persoal docente no IES A Sangriña.

O 17 de agosto  producíase unha reunión entre o Director do IES A Sangriña, a viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, a concelleira de educación  e o Alcalde da Guarda. Nesa reunión se trasladou a preocupación do equipo directivo da Sangriña pola importante redución de profesorado que a Consellería de Educación  aplicará no instituto, feito que levou á directiva a presentar a dimisión en bloque.

De todos é coñecido  que os núcleos rurais como A Guarda, que se atopan lonxe de núcleos urbanos nos que a oferta formativa é máis ampla, deben gozar dunha discriminación positiva  para posibilitar aos cidadáns  recibir unha formación de calidade na que non só se transmitan coñecementos senón que se atenda á diversidade e a vulnerabilidade.

A política educativa do Partido Popular atenta contra a igualdade de oportunidades e contra os dereitos básicos da cidadanía guardesa, na que a distancia e a falla de boas comunicacións dificulta aínda máis o acceso á educación.

Así o Grupo Municipal Socialista solicita nesta Moción unha declaración a favor da educación pública e  que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia paralice de xeito inmediato as medidas de  xestión que implican  a redución do cadro de persoal docente do IES A Sangriña.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones