Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O grupo municipal socialista denuncia a grave situación da Policía Local de Tomiño

Violeta de Santiago, voceira socialista, critica que o Goberno do BNG aprobe unha modificación da RPT, para incorporar sendos postos de técnicos de xestión e de M. Ambiente, cando o servizo de Policía Local está nesta precaria situación, que sen dúbida é

Violeta de Santiago, voceira socialista, critica que o Goberno do BNG aprobe unha modificación da RPT, para incorporar sendos postos de técnicos de xestión e de M. Ambiente, cando o servizo de Policía Local está nesta precaria situación, que sen dúbida é

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Enero de 2021

Fuente: Socialistas de Tomiño

As socialistas de Tomiño denuncian que a  Policía Local do Concello está a vivir unha situación crítica, pois estan intentando  manter o servizo,  con tan só dous efectivos, o cal  é  practicamente imposible e está a  causar problemas na veciñanza. 

No pasado pleno do día 12 de xaneiro á pregunta sobre este tema ao Goberno nacionalista (cando  o servizo contaba aínda con 4 efectivos) o Concelleiro Delegado  deu conta da inminente comisión de servizo ou contratación de auxiliares. A Comisión de servicio queda descartada pois as Alcaldías da contorna non se permiten  prescindir de persoal. Cubrir a praza vacante, por moito que se queiran apurar os prazos agora, levaríanos ata o 2022, e esperemos que a contratación de un  auxiliar chegue en febreiro.

Violeta de Santiago, voceira socialista, critica que o Goberno do BNG aprobe unha modificación da RPT, para incorporar sendos postos de técnicos de xestión e  de M. Ambiente, cando o servizo de Policía Local está nesta precaria situación, que sen dúbida é froito dunha mala xestión. 

Nun Concello de grande extensión e dispersión como Tomiño, as socialistas consideran que  non se pode consentir unha situación como a actual, e lembran que estamos a padecer unha crise pandémica sen precedentes e non contamos cun servizo que vele pola nosa seguridade nin polo cumprimento das restricións actuais. 

Pero o realmente inaceptable, é a falta de transparencia deste Goberno que non comunica aos veciños e veciñas o que está a acontecer, e que consinte sen  ningún pudor, que a maioría da poboación verta sobre a Policía local o seu malestar, enfados e protestas, a sabendas de que é unha inxustiza.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí