Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Grupo Municipal Socialista esixe ao Alcalde da Guarda unha solución á comunicación con Caminha

O PSOE guardés atópase moi preocupado pola recente noticia da paralización do Xacobeo Transfer, que deixa de funcionar este mes de novembro ata marzo de 2024 e que deixa incomunicadas as dúas vilas a través do río.

O PSOE guardés atópase moi preocupado pola recente noticia da paralización do Xacobeo Transfer, que deixa de funcionar este mes de novembro ata marzo de 2024 e que deixa incomunicadas as dúas vilas a través do río.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Noviembre de 2023

Fuente: PSOE A Guarda

A comunicación con Caminha foi un tema que sempre preocupou a este grupo municipal, tanto estando no goberno, tempo no que se fixeron múltiples xestións para mellorala, como agora na oposición.

 

Por iso vimos de presentar un escrito no concello da Guarda solicitando a Roberto Carrero que lle esixa á Xunta de Galicia que solucione o problema.

 

O ferri Santa Rita de Cassia leva xa dous anos sen funcionar debido ao desleixo de Portos de Galicia, que non foi quen de levar a cabo un mínimo mantemento no dique de atraque do ferri, e que rematou con esta infraestrutura en risco de afundimento.

 

Xa en maio de 2022, e ante a insistencia do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o Presidente da Cámara de Caminha, Miguel Alves, a Presidenta de Portos de Galicia, aseguraba que o ferri volvería a estar operativo no verán de 2023, unha vez se reparase o pantalán.

 

A Xunta de Galicia puxo en marcha en abril de 2022 o Xacobeo Transfer, un transporte alternativo centrado en dar solución ao movemento de peregrinos/as do Camiño Portugués da Costa, pero que nin é eficiente, nin da solución ao transporte de visitantes e veciños/as ao non permitir o traslado de vehículos.

 

En agosto de 2023, Roberto Carrero, alcalde da Guarda, anunciaba que a empresa  responsable da reparación non podería cumprir o prazo, e sinalaba como nova data o 15 de setembro. A día de hoxe, novembro de 2023, o pantalán segue sen estar operativo.

 

Unido a isto está o feito de que segundo a web oficial do Xacobeo Transfer da Guarda, o único servizo de transporte con Caminha vai a permanecer inoperativo desde novembro ata marzo de 2024.

 

A falta de comunicación entre A Guarda e Caminha resulta moi prexudicial para o mantemento das relacións sociais e económicas entre as dúas vila raianas. Así como para o tránsito de turistas e visitantes. Pero tamén supón un grave problema para o Camiño Portugués da Costa e os miles de peregrinos/as que teñen que cruzar o río Miño, sendo este camiño o que máis creceu no 2023.

 

Non sabemos en que grao lle preocupa ao noso Alcalde as relacións co país veciño, nin o Camiño Portugués da Costa, pero esperamos que nos escoite e obre en consecuencia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí