Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Grupo Municipal Socialista presenta unha moción ante a aparición de pellets de plástico nas praias guardesas

Na moción, solicítase á Xunta de Galicia unha actuación á altura do grave episodio de contaminación polos pellets plásticos procedentes do buque Toconao, e que está a afectar a máis de 80 praias galegas.

Na moción, solicítase á Xunta de Galicia unha actuación á altura do grave episodio de contaminación polos pellets plásticos procedentes do buque Toconao, e que está a afectar a máis de 80 praias galegas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Enero de 2024

Fuente: Socialistas da Guarda

O impacto contaminante dos microplásticos é un feito demostrado. Estes materiais, ao ser inxeridos por numerosos seres mariños e incorporarse á cadea trófica, producen a morte ao producirlles aos animais cambios no metabolismo enerxético, patoloxías intestinais, estrés oxidativo ou alteracións psicomotrices.

A chegada de millóns destes gránulos industriais ás nosas costas está agravando esta situación e será un problema que perdurará durante moitos anos debido ao amplo prazo de biodegradación do plásticos, e por iso é tan importante actuar con urxencia e de xeito coordinado.

A resposta da Xunta de Galicia, lonxe de ser rápida e eficaz, resultou lenta e está a xerar unha sensación de abandono e incerteza nos concellos afectados.

Por todo isto, durante o próximo pleno ordinario do Concello da Guarda o Partido Socialista pedirá ao resto dos representantes da corporación local que apoie unha moción na que, entre outras solicitudes, se pide á Xunta de Galicia que deixe de eludir responsabilidades neste desastre ambiental e proceda a poñer a disposición dos concellos afectados tódolos medios autonómicos necesarios para a retirada do material contaminante das costas galegas.

Tamén se pide a creación dun protocolo claro de actuación para a retirada dos pellets de plástico das nosas costas e para a xestión posterior destes residuos, acabando así coa desinformación actual que están a padecer os concellos, os colectivos ecoloxistas e o voluntariado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí