Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Grupo Parlamentario Socialista presenta una proposición non de lei para a mellora da atención sanitaria do no Centro de Saúde de Oia

Neste contexto os socialistas reclamamos á Consellería de Sanidade medidas urxentes no Centro de Saúde de Oia.

Neste contexto os socialistas reclamamos á Consellería de Sanidade medidas urxentes no Centro de Saúde de Oia.

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Julio de 2021

Fuente: Socialistas de Oia

Na sesión plenaria do pasado xoves día 8 de xullo de 2021, os deputados socialistas Leticia Gallego, Julio Torrado e Marina Ortega, presentaron ante o pleno unha proposición non de lei na que se pide ante o Parlamento Galego que se inste á Xunta de Galicia a:

 

  1. Garantir a correcta e plena asistencia sanitaria na Atención Primaria cubrindo as prazas vacantes de médicos de familia do Centro de Saúde de Oia.
  2. Garantir a consulta de dúas veces á semana do servizo de pediatría no Centro de Saúde de Oia.
  3. Dotar dunha ambulancia medicalizada para toda a comarca do Baixo Miño e así ter unha boa asistencia sanitaria.

Estas peticións veñen motivadas ante o clamor popular e da veciñanza polas continuas deficiencias na atención sanitaria no centro de saúde do municipio, derivadas, por unha banda, da falta de médicos e a non cobertura das prazas vacantes, o que provoca unha precaria atención, que sofre día a día a veciñanza.

Durante todo o mes de xuño, coas dúas médicos de atención primaria de baixa, só se substituíu unha, xa que a segunda só se substituíu 4 días en todo o mes. Se temos en conta que a poboación de Oia está moi envellecida cun segmento de poboación superior aos 50 anos de 1495 habitantes, o que representa máis do 45 % da poboación total do concello, podemos deducir o risco sanitario que está tendo a veciñanza.

O 30 de xullo de 2020 o grupo municipal socialista denunciou no pleno ordinario celebrado en Oia a falta do servizo de Pediatría que se prestaba dúas veces á semana, o que obrigou aos pacientes a desprazarse ata A Guarda para recibir atención.

En maio de 2021, o servizo de pediatría restablécese ao 50% coa asistencia do pediatra só un día á semana; Tendo en conta que a poboación de 0 a 15 anos en Oia é de 341 rapaces e rap azas. E no presente mes de xullo volven a non ter pediatra.

É unha vergoña a atención que se presta en Oia aos seus veciños e veciñas, non polos traballadores sanitarios do Centro de Saúde, que multiplican o seu traballo para poder paliar a situación de falla de persoal, tendo que atender cun só médico e en ocasiones sen ningún médico a unha poboación de máis de 3.000 habitantes, senón pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Neste contexto os socialistas reclamamos á Consellería de Sanidade medidas urxentes no Centro de Saúde de Oia. A situación na que se atopa a Atención Primaria nesta vila é moi alarmante.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí