Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Grupo San Roquiño estrea no auditorio a súa última longametraxe, -Goián vaciado-

A película poderá verse nos catro pases que se realizarán este 4 e 5 de novembro. O prezo da entrada, un quilo de alimentos non perecedoiros

A película poderá verse nos catro pases que se realizarán este 4 e 5 de novembro. O prezo da entrada, un quilo de alimentos non perecedoiros

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Noviembre de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño está de estrea esta fin de semana. O Grupo San Roquiño proxecta por primeira vez a súa última longametraxe, ‘Goián vaciado’, unha historia na que a veciñanza interpreta aos personaxes máis variadas para pasar unha tarde cargada de risas, humor e sátira.

A trama da película xira arredor da crecente despoboación de Goián. Esquecida queda a época dourada que viviu décadas atrás. Berce do luxo e o glamour, ata alí achegábanse cada verán multimillonarios internacionais, excéntricos aristócratas e a chamada jet set para desfrutar da imaxe e gastronomía. Un Goián que non durmía, repleto de festas, excesos e ostentación que co pasar dos anos foi languidecendo abandonado por esas celebrities que buscaban novas modas e outros destinos.

Isto xunto á baixa natalidade, provocada polo envellecemento da poboación levou a Goián a un descenso demográfico tan brutal que asemella un pobo pantasma. Desesperados por reverter esa situación, os poucos veciños e veciñas que quedan, liderados pola oposición municipal, buscan unha solución e poñen en marcha un plan coa esperanza de que Goián volva recuperara a prosperidade doutra época.

Podería ser unha realidade, pero é só o título da sexta longametraxe do Grupo San Roquiño, un filme con música do compositor Andrés Álvarez no que unha vez máis os propios veciños e veciñas os personaxes máis particulares. A película foi feita coa colaboración da Comunidade de Montes de Goián, da Comisión de Festas da Virxe dos Remedios e San Cristovo, do Concello de Tomiño e coa predisposición e axuda de numerosas persoas que cederon espazos e material necesarios para a gravación.

O estreo contará cunha alfombra vermella pola que desfilarán actores, actrices e equipo técnico, así como todo o público que se achegue a desfrutar dunha fin de semana chea de risas para rematar o Mes do Humor.

A película poderá verse no auditorio de Goián este sábado 4 de novembro cun pase ás 18.00 e outro ás 20.00 horas e o domingo 5 con sesión ás 17.00 e ás 19.00 horas. O prezo da entrada será un quilo de alimentos non perecedoiros que se doarán á entidade SOS Tomiño e Conrazones.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí