Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O grupo Socialista acusa á Xunta de ofrecer -escusa tras escusa- para adiar as obras do IES Alonso Ríos de Tomiño

Leticia Gallego alerta de que a Consellería de Educación pon en dúbida a existencia de Orzamento para as obras, mentres eluden ofrecer unha data concreta para o inicio da intervención

Leticia Gallego alerta de que a Consellería de Educación pon en dúbida a existencia de Orzamento para as obras, mentres eluden ofrecer unha data concreta para o inicio da intervención

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Marzo de 2023

Fuente: PSdeG-PSOE

A parlamentaria socialista Leticia Gallego acusou hoxe á Consellería de Educación de ofrecer “escusa tras escusa” para adiar de novo as obras do IES Alonso Riós de Tomiño, desta volta ata finais de 2023 ou 2024. Así o confirmou logo da resposta do secretario xeral da Consellería a unha pregunta que presentou na Comisión de Educación, na que se negou a confirmar a data logo de poñer en dúbida que haxa orzamento dispoñible.

 

A responsable socialista esixiulle ao alto cargo que confirmara a existencia de orzamento para esta obra urxente, comprometida dende o ano 2021 e que tiña que estar rematada a día de hoxe pero da que “aínda non moveron unha pedra”. Advertiu que “estamos no mes de marzo e nada se sabe do comezo das obras”, inicialmente previstas para 2022, e que a comunidade educativa e a veciñanza de Tomiño leva máis dun ano agardando.

 

Na actualidade, o IES dispón dun único edificio que aglutina as aulas de Secundaria, Bacharelato, ciclos formativos e FP, a simple vista insuficiente para acoller á cantidade de alumnos que atende, e que este mesmo ano se incrementaron en 50 máis. O proxecto iniciado en 2021 contemplaba a construción dun edificio anexo de 1.300 metros cadrados, con espazo para dez novas aulas, e un orzamento previsto inicialmente de 1,8 millóns de euros.

 

Sen embargo, malia que “este é o proxecto anunciado”, a realidade que ven os veciños e veciñas de Tomiño é que “pasa o tempo e aí non hai nada de nada”, cun goberno galego impasible diante do “grave problema de espazos” no instituto. Censurou que fagan “moito anuncio visitando o IES de Tomiño, pero alí non empezou ningunha obra, que era para comezos deste ano”, e esixiu “menos anuncios e máis obras”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí