Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Grupo Socialista da Guarda insta ao alcalde a impulsar o polígono empresarial A Guarda-Rosal, como o viña facendo o anterior goberno

Os socialistas mostran a súa preocupación despois do manifestado polo PP durante a campaña electoral e pola ausencia do alcalde guardés na foto e na valoración da visita de Beatriz Sestayo.

Os socialistas mostran a súa preocupación despois do manifestado polo PP durante a campaña electoral e pola ausencia do alcalde guardés na foto e na valoración da visita de Beatriz Sestayo.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Diciembre de 2023

Fuente: PSOE A Guarda

Diante das noticias sobre a reunión mantida no concello do Rosal para dar un novo impulso ao polígono supramunicipal, a portavoz socialista do concello da Guarda, Fátima Rodríguez, mostra a súa satisfacción: “Este polígono será fundamental para o desenvolvemento da Guarda e para o futuro da xente que queira desenvolver no Baixo Miño o seu proxecto de vida”.

 

O alcalde da Guarda e a alcaldesa do Rosal desbloquearon o proxecto do polígono empresarial na pasada lexislatura e conseguiron o compromiso de Beatriz Sestayo por Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) e de David Regades por Zona Franca, para asinar un convenio de colaboración que impulsara este parque empresarial e así dar resposta a demanda de solo na comarca e a xeración de oportunidades e crecemento.

 

O parque empresarial A Guarda-Rosal comeza a deseñarse en 2004 e está incluído nun plan sectorial dende 2007. Ten unha superficie total de 260.000 metros cadrados dos cales SEA xa ten adquiridos 45.000 e investido máis de un millón de euros. A pesar de que na lexislatura pasada se desbloqueou o proxecto e temos o apoio explícito de SEA e Zona Franca,  o PP manifestou na campaña e no seu programa electoral, das pasadas municipais, que daría prioridade a un polígono industrial na zona de San Roque que nada ten que ver co que nos ocupa.

Por esta ambigüidade, descoñecemento mostrado, ou quen sabe que? o grupo socialista insta ao alcalde da Guarda a que aclare publicamente a súa postura en relación ao proxecto do parque empresarial A Guarda- Rosal. As empresas e a veciñanza temos dereito a saber se vai a seguir desaparecido nos temas importantes, ou se podemos contar con que defenda os intereses de todos os guardeses e guardesas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí