Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O grupo socialista denuncia que o concello de Oia terá que devolver a SOGAMA toda a bonificación do 10% do canon do lixo de 2019

Gerardo Rodriguez: Queda claro que temos un mal Goberno e que os prexuízos son para a veciñanza

Gerardo Rodriguez: Queda claro que temos un mal Goberno e que os prexuízos son para a veciñanza

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Septiembre de 2020

Fuente: PSOE Oia

O grupo socialista no Concello de XXX vén de presentar unha moción para o seu debate no Pleno da Corporación pola que pide explicacións sobre a débeda coa Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) a resultas do incumprimento das condicións para a bonificación do 10% no canon do lixo solicitada pola Alcaldía o pasado ano 2019.

O voceiro socialista, Gerardo Rodriguez Refojos, explica que Oia foi un dos 44 concellos que o ano pasado solicitou esta bonificación dun 10% no prezo da tonelada enviada á planta incineradora de Cerceda, que supón na práctica unha rebaixa duns 7 euros no prezo por tonelada (de 69,83 € a 62,83 €). A rebaixa tamén tiña que ser trasladada á taxa que paga a veciñanza, cousa que o Concello non fixo.

Diante desta situación SOGAMA está a reclamar as cantidades non pagadas, o que supón un contratempo para as arcas municipais. Gerardo Rodriguez denuncia a falta de transparencia á hora de informar sobre esta situación e esixe no texto da moción que se aclare o importe da débeda, “produto da mala xestión realizada pola Alcaldía” a través dun informe económico.

Ao mesmo tempo esíxelle á Alcaldía que “se ten un mínimo de coherencia” e de “preocupación polos intereses xerais do municipio” volva reclamar a rebaixa no canon de lixo de SOGAMA, aproveitando a extensión da oferta da sociedade pública para este ano. Engade que, unha vez solicitada, se proceda inmediatamente a rebaixar a taxa por recollida de lixo á veciñanza.

A/o voceiro/a socialista en Oia considera que a situación producida é un claro indicativo da falta de capacidade de xestión do grupo de Goberno e explica que na provincia de Pontevedra houbo 21 concellos que foron quen de cumprir cos requisitos esixidos por SOGAMA, polo que agora non se ven na tesitura de ter que proceder á devolución. Ademais, engade, houbo outros 17 que despois de estudar a oferta decidiron descartala. “O lamentable é que a nosa alcaldesa decidiu solicitar a bonificación e logo esqueceuse de cumprir as súas obrigas, o que sería moi malo; ou ben, que solicitou a bonificación sen botar antes as contas, o que sería aínda peor”. “En todo caso”, conclúe, “queda claro que temos un mal equipo de goberno e que os prexuízos son para a veciñanza”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones