Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O grupo Socialista esíxelle á xunta unha -solución inmediata- para as carencias de persoal no Centro de Saúde e o PAC de A Guarda

Leticia Gallego alerta de que o centro -está en situación de colapso- ao afrontar a pandemia coa metade do persoal habitual

Leticia Gallego alerta de que o centro -está en situación de colapso- ao afrontar a pandemia coa metade do persoal habitual

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Noviembre de 2020

Fuente: PSOE Parlamento

A parlamentaria socialista Leticia Gallego urxiu hoxe á Consellería de Sanidade que adopte unha “solución inmediata” para as graves carencias de persoal e material no Centro de Saúde e o PAC de A Guarda. Sinala que o centro está a afrontar a segunda onda da pandemia con só 4 das 8 facultativas das que dispón, que mesmo chegaron a ser só 3 no pasado mes de outubro.

 

Advirte de que “a saturación do persoal é extrema porque ten que dar cobertura á súa axenda, ao servizo do PAC e agora tamén comunicar os resultados das PCR que se realizan, así como o control de casos sospeitosos de covid – 19”. A situación afecta tamén, advertiu, ao servizo de Urxencias, onde “hai momentos nos que non hai médico para tender aos pacientes de A Guarda, Oia ou O Rosal” nunha zona sen ambulancia medicalizada.

 

Sinala que o persoal deste centro atópase “ao límite da situación física, psicolóxica e profesional” derivada da deficiente xestión por parte do goberno galego, polo que os sanitarios quéixanse “ante a imposibilidade de cubrir as ausencias dos compañeiros pola falla de médicos de familia, derivado dunha ausencia total de planificación e da precaridade laboral”.

 

Xuntanza cos alcaldes

 

A responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que atenda á petición dunha xuntanza que lle ten trasladado o Concello de A Guarda, a Mancomunidade do Baixo Miño e a cidadanía da zona a través de 2.500 sinaturas demandando unha solución a este problema.

 

A cidadanía do Baixo Miño e os seus representantes municipais demandan a resposta da Consellería de Sanidade, que “amosa unha preocupante desidia pola resolución do problema” tanto de falla de persoal como pola situación das infraestruturas logo do derrubamento do teito dunha das consultas o pasado 17 de novembro.

 

Sinala que “o cadro de persoal ten un especial malestar” por este feito que non rematou en traxedia porque por sorte non había ninguén dentro do habitáculo, e ademais porque “este accidente podería terse evitado de ter atendido ás demandas dos traballadores, que levan moito tempo solicitando arranxos e reparacións na infraestruturas”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí