Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O grupo socialista esíxelle ao Conselleiro de Educación que restitúa os 13 profesores que recortaron nos últimos dous cursos no IES A Sangriña da Guarda

Leticia Gallego acusa á Xunta de reducir en profesores mentres rebaixan impostos aos máis ricos, reducindo os ingresos da Comunidade Autónoma

Leticia Gallego acusa á Xunta de reducir en profesores mentres rebaixan impostos aos máis ricos, reducindo os ingresos da Comunidade Autónoma

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Septiembre de 2022

Fuente: PSOE

A parlamentaria socialista Leticia Gallego esixiulle hoxe ao conselleiro de Educación que recupere os 13 profesores suprimidos o IES A Sangriña de A Guarda nos dous últimos cursos. Gallego presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento logo da eliminación de 6 docentes no dito centro este curso, que se suman aos 7 recortados o curso pasado, o que provocou a dimisión en bloque da xunta directiva.

Gallego criticou os recortes impostos no ensino “mentres rebaixan impostos aos ricos” e renunciando aos ingresos que lle corresponden á Comunidade Autónoma e que poderían destinar a contratar máis profesorado. Criticou que reduzan a fiscalidade nas maiores rendas mentres a política de recortes da Xunta de Galicia “leva a centros como este instituto público a un punto límite”.

A responsable socialista lamentou que a Xunta estea a devolver as ratios e condicións de traballo a niveis previos á pandemia, “negando os efectos da covid sobre a poboación xeral e sobre o alumnado en particular”. Criticou que “non queren unha educación pública con calidade, como tampouco queren que todos os rapaces e rapazas teñan as mesmas oportunidades”.

Explicou que os recortes de Educación no IES A Sangriña de A Guarda, obrigan a cada docente a atender ata 180 alumnos, mentres as aulas acumulan 30 alumnos cada unha, co que “resulta imposible para os profesores ensinar ao alumnado con calidade”.

Sinalou que deste xeito “a atención individualizada ao alumnado vese moi afectada, por non dicir que é practicamente imposible de realizar”, e afecta especialmente ao alumnado con necesidades especiais, que perden a atención personalizada que precisan, e imposibilita a oferta de materias optativas por parte do persoal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones