Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Grupo Socialista leva éste venres ao parlamento unha iniciativa para reclamarlle á Xunta que realice o vial de acceso sur ao Porto de A Guarda

Enténdese que ademais da pesca e da actividade das redeiras existen outras actividades, importantes para o tecido económico da vila que dependen dun novo acceso ó porto

Enténdese que ademais da pesca e da actividade das redeiras existen outras actividades, importantes para o tecido económico da vila que dependen dun novo acceso ó porto

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Junio de 2021

Fuente: PSdG-PSOE Parlamento

Leticia Gallego Sanromán, Patricia Otero Rodríguez, Luís Manuel Álvarez Martínez e Julio Torrado Quintela, deputadas e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.
A Guarda ten un porto pesqueiro que, na actualidade, carece dunha vía de comunicación aceptable coa estrada PO-552, vía de entrada e saída da localidade. Isto dificulta moito o tráfico de vehículos, especialmente vehículos pesados.
Esta necesidade de mellorar a comunicación do porto xa ven de vello. No ano 1993 o PXOM xa contemplaba un novo acceso ao porto da Guarda por considerar estratéxica a mellora da comunicación co porto pesqueiro, ao ser este, un dos motores económicos da localidade.
Ata o ano 2017 a estrada que conducía ao porto era a Estrada Provincial EP-3401 tamén denominada rúa Concepción Arenal. Esta estrada, construída a mediados do século XX como principal acceso ao porto, viuse afectada polo continuo crecemento da vila ao seu arredor e pasou a ter a consideración de vía urbana.
O PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible) da Guarda, redactado no 2017, recomendaba, como unha actuación clave, unha intervención na rúa Concepción Arenal orientada a un modelo de mobilidade peonil e vinculaba esta actuación coa execución dun novo acceso ao porto da Guarda. No plan ambas actuacións considéranse claves para un cambio de modelo. Neste mesmo ano o alcalde solicita a redacción do proxecto de construción dun novo acceso ao porto desta localidade á Deputación de Pontevedra.
No ano 2018 o Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra acometen as obras de humanización da rúa Concepción Arenal. En 2019 rematan estas obras que teñen como obxectivo mellorar a mobilidade peonil e accesibilidade da rúa. Con esta actuación a rúa pasa a ser de plataforma única con preferencia peonil. Esta nova concepción da rúa dificulta en gran medida o acceso ao porto, en particular para o tráfico pesado, cos problemas para a mobilidade xerados nas inmediacións.

A principal necesidade a satisfacer no Concello da Guarda é a mellora dos accesos ao porto.
Desde o Grupo Parlamentario Socialista enténdese que ademais da pesca e da
actividade das redeiras existen outras actividades, importantes para o tecido
económico da vila que dependen dun novo acceso ó porto da. Os colectivos que
amosaron máis interese por esta infraestrutura foron a Confraría e as Redeiras,
que empregan estes viais para o transporte de redes, marisco e peixe.
A actividade pesqueira e marisqueira na Guarda non vai a ir a menos, a previsión
é que no futuro aumente a actividade económica do porto dado as grandes
posibilidades que ofrece tanto a nivel comercial como turístico. Por este motivo,
en agosto de 2019 xurdiu na Guarda un movemento civil apoiado polas
asociacións empresariais, culturais, deportivas e sociais, e polo propio Concello,
que ten como obxectivo conseguir melloras para o seu porto que permitan un uso
máis intensivo do porto, tanto para profesionais como para uso náutico e
deportivo, e que actúe como o motor económico da localidade.
Por todo o exposto, as deputadas e os deputados que asinan formulan a seguinte
pregunta para o seu debate en Comisión:
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vai realizar, nesta lexislatura, a
construción do vial do acceso sur ao porto da Guarda?

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí