Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O grupo socialista reclama a cobertura plena das prazas de médico de Tomiño e manter o centro de saúde aberto polas tardes

Leticia Gallego reclámalle á Xunta que asigne un novo médico ao consultorio de Goián, que permanece pechado dende maio pola xubilación do anterior facultativo

Leticia Gallego reclámalle á Xunta que asigne un novo médico ao consultorio de Goián, que permanece pechado dende maio pola xubilación do anterior facultativo

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Octubre de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

A parlamentaria socialista Leticia Gallego reclamoulle hoxe ao goberno galego que garanta a cobertura plena das prazas de médico do Centro de Saúde de Tomiño, descubertas durante boa parte do ano, e urxe ademais a abrir o centro polas tardes para garantir unha atención acaída á poboación. Gallego presentou unha pregunta na Comisión de Sanidade, na que responsabilizou ao Sergas da situación do centro.

 

A parlamentaria socialista sinalou que “é unha vergoña a atención sanitaria que o Sergas lle presta á cidadanía de Tomiño”, sostida apenas polo esforzo dos traballadores sanitarios, que “multiplican o seu traballo para poder paliar a falla de persoal”. Lembra que durante boa parte do ano tan só estiveron cubertas 5 das 8 prazas de facultativo do centro –hoxe están pasando consulta 7 profesionais- pola negativa da Xunta a cubrir baixas e vacacións.

 

Sinalou ademais neste sentido que o goberno galego ten pechado dende maio o consultorio de Goián, no mesmo concello, logo da xubilación do médico que o atendía e que aínda non foi substituído. Gallego levou ao parlamento as demandas da poboación desta zona, que levan ademais anos reivindicando unha ambulancia medicalizada para o Baixo Miño.

 

Esixiulle ao goberno galego que “planifiquen, non improvisen, non recorten en Atención Primaria, non fagan parches para enviar un médico un mes ou apenas unhas semanas”. Denunciou que “xoguen co bo facer dos facultativos, porque saben que non van deixar de atender a ningún paciente sen atender aínda a costa de ampliar as súas xornadas laborais ata onde faga falta”.

 

Responsabilizou á Xunta de Galicia e da política de recortes e privatizacións de Feijóo do feito de que os traballadores e traballadoras teñan que multiplicarse para sacar adiante o seu traballo para atender a toda a poboación en toda o entorno. Sinalou a situación de A Guarda, onde non se cubren as prazas, así como en Oia, Baiona ou Redondela, cos profesionais desbordados.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí