Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Grupo Socialista reclama no Parlamento axudas para os concellos afectados polos temporais

Leticia Gallego urxe á Xunta activar a Lei de Emerxencias e aprobar un decreto de axudas polos graves danos sufridos no principio de ano

Leticia Gallego urxe á Xunta activar a Lei de Emerxencias e aprobar un decreto de axudas polos graves danos sufridos no principio de ano

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Enero de 2023

Fuente: PSdeG

A viceportavoz do Grupo Socialista, Leticia Gallego, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta de Galicia que aprobe un Decreto de axudas urxente para os concellos que sufriron danos polos temporais de principios de ano. Gallego urxe igualmente á Xunta que active a emerxencia de interese galego recollida na Lei de Emerxencias para axudar aos concellos.

A parlamentaria socialista reclama axudas para os concellos, sinaladamente os da provincia de Pontevedra, polas desfeitas ocasionadas polo tren de borrascas que se veñen rexistrando desde o inicio de ano. Reclama ao Goberno galego que acomenta "de forma inmediata" a reparación dos danos nas zonas afectadas polas inundacións, ante o perigo que representan, agravado pola continuidade dos episodios de mal tempo no que levamos de ano.

Gallego apunta que os temporais de choiva e vento reflicten "tódolos requirimentos establecidos pola Lei de Emerxencias de Galicia 5/2007 para que o Consello da Xunta aprobe a emerxencia de interese galego e habilite as modificacións orzamentarias necesarias, tal e como establece o artigo 36 dese texto legal".

Sinala que "dado a envergadura dos danos, a orixe natural dos mesmos e as zonas nas que se produciron, afectando a moitos concellos, consideramos que é necesario actuar con urxencia nestes municipios". A viceportavoz do PSOE no Parlamento galego alerta de que as erosións provocadas pola auga produciron "derrubes e colapsos, algúns deles moi graves, que requiren dunha reparación inmediata polo perigo que representan".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí