Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O grupo socialista reclámalle a Portos de Galicia -unha solución definitiva- para a reparación do pantalán de A Pasaxe -para que o ferri entre A Guarda e Caminha funcione xa-

Leticia Gallego esixe prazos certos para o remate da infraestrutura bloqueada dende agosto de 2021

Leticia Gallego esixe prazos certos para o remate da infraestrutura bloqueada dende agosto de 2021

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Septiembre de 2022

Fuente: PSdeG-PSOE Pontevedra

A viceportavoz do Grupo Socialista Leticia Gallego reclamoulle hoxe a Portos de Galicia que repare de inmediato o pantalán do porto de A Pasaxe, en A Guarda, que ten interrompido a liña de ferri coa localidade de Caminha dende agosto de 2021. A responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Pesca, onde reclamou “unha solución definitiva para esta infraestrutura responsabilidade de Portos de Galicia”.

 

Gallego dixo que “non necesitamos un parche nin unha solución provisional, necesitamos que o ferri funcione xa, e para iso teñen que reparar o pantalán” e reclamou “prazos certos” para a data da reparación dunha infraestrutura fundamental para a circulación entre as dúas localidades. Actualmente, lembra, hai unha embarcación en funcionamento, pero que só ten capacidade para 12 persoas, fundamentalmente peregrinos que transitan polo Camiño Portugués.

 

A responsable socialista reclamou que “deixen de darlle voltas e reviravoltas, deixen de poñer parches e dean unha solución definitiva” a unha situación que “está a mermar gravemente a economía de A Guarda”.

 

Esta situación prexudica gravemente entre outros aos concellos de Baiona, A Guarda, O Rosal e Oia, polo que os seus alcaldes están a reivindicar unha solución urxente a un problema que está a afectar sinaladamente ao turismo procedente de Portugal. Lembra que os propios alcaldes dos concellos polos que pasa esta ruta tamén amosaron a súa queixa pola inacción da Xunta diante da Axencia de Turismo.

 

Salientou a loita, dende hai máis dun ano, por parte do propio alcalde de A Guarda, o socialista Antonio Lomba, e este Grupo Parlamentario, co apoio da restauración e do sector do aloxamento turístico da localidade, ademais dos alcaldes e alcaldesas afectados. Reclamou, “que reparen dunha vez o pantalán situado en Camposancos para que poida ser accesible aos vehículos que transitan en ferri entre A Guarda e Caminha”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí