Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O IEM oponse ao Parque Eólico Torroña I por ser -unha ameaza máis para os garranos da Groba-

A da serra da Groba é a poboación máis numerosa de cabalos salvaxes do mundo, e o Instituto indica numerosos estudos que exploran as afeccións que estes proxectos supoñen para eles

A da serra da Groba é a poboación máis numerosa de cabalos salvaxes do mundo, e o Instituto indica numerosos estudos que exploran as afeccións que estes proxectos supoñen para eles

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Marzo de 2023

Fuente: Instituto de Estudos Miñoranos

Este pasado venres día 3 saíu no DOG a publicación para a exposición pública e período de alegacións o Parque Eólico Torroña I. O Instituto de Estudos Miñoranos considérao "unha ameaza máis para todo o patrimonio natural e cultural da Serra da Groba", e nomeadamente para a pervivencia dos garranos, burras ou bestas do monte e consecuentemente para a milenaria festa etnográfica dos curros.

"Estes días que vemos en medios de comunicación de todo o mundo a gran incidencia que tivo a premiada película de Sorogoyen “As bestas”, e as súas verbas de denuncia e apoio pronunciadas na gala dos premios do cine español dos Goya, congratulámonos  cos amigos de Sabucedo dese apoio recibido, e volvemos tamén as nosas denuncias", indican dende o IEM.

Para o Instituto, a gran ameaza que esta a sufrir o patrimonio natural e cultural do noso país non ten parangón, agás o andazo dos lumes. "Neste caso concreto está apoiado pola propia administración que dun xeito descarado axuda as empresas promotoras sen contar cos veciños nin cos milleiros de queixas, denuncias e alegacións que veñen facendo todo o tecido asociativo ecoloxista e veciñal, mesmo o Consello da Cultura Galega, a Universidade  e a propia UE, que veñen sistematicamente denunciando o feble empeño que pon a Xunta en protexer as paraxes naturais, brañas, fauna, flora, paisaxe...", engade o IEM, con maior gravidade. "Fanse leis que logo non se cumpren ou se obvian", conclúen.

A entidade explica que na Serra da Groba existe unha ameaza continua da pretensións de varias empresas de instalar varios parques eólicos. Dun xeito que califican de "fraudulento", dividiuse a toda a serra en dúas ADEs e un área de investigación en reserva, e foron recollidos no Plano Eólico de Galicia sete proxectos e as súas poligonais, nas que se levan promovendo  ata o de agora os parque eólicos do Rosal, O Merendón, Torona , Albariño I e agora o Torroña I. "Co movemento opositor dos veciños e de moitas asociacións e co apoio dos plenos dos concellos de Nigrán, Baiona, Gondomar, Tomiño e O Rosal, agás o de Oia que non se pronunciou en pleno e que saibamos, tampouco fixo informes sectoriais negativos, lévanse parado todas as iniciativas por renuncia ou por Declaracións de Impacto Ambientáis desfavorables", relata o IEM.

Ante a publicación no DOG deste último proxecto, a entidade do Val Miñor denuncia a falta de "exposición pública" das ameazas e afeccións que suporía para "o mellor e máis grande patrimonio vivo que temos na Serra da Groba: as burras do monte, os garranos Equus ferus atlánticus, as nosas bestas".

"Tódolos estudos dos parques eólicos que temos visto, feitos e pagos polas empresas promotoras, esquecen  en maior ou menor medida, o maior patrimonio natural e cultural que hai no sur da provincia de Pontevedra. Co noso apoio e solidariedade por diante, envexamos aos amigos de Sabucedo que foron quen de pór no foco as súas bestas. Tiveron a oportunidade e souberon aproveitala. Pero nós tamén denunciamos, (e non só hoxe e agora) levamos moitos anos facéndoo, o grande perigo que supón para as nosas bestas  este novo parque eólico que nos queren instalar con torres xigantescas nos cumes do Arieiro e das Aradelas, nas terras de Viladesuso e Burgueira, cunha extensa rede de evacuación que atravesa toda a Groba ata Barrantes, onde proxectan a subestación e onde principiará outra aldraxe coa evacuacion eléctrica aérea ata o Rosal", continúa o IEM.

Para esta denuncia, a entidade recolle unha serie de estudos publicados por prestixiosos investigadores norteamericanos:

  • Shaving the Beasts: Wild Horse and Ritual in Spain, publicado en 2020 baixo a editorial da Universidade de Minnesota por John Jr. Hartigan, quen visitou a serra en 2016, así como os curros, e estivo falando cos besteiros e veciños da zona.
  • The Horse. The epic history of our noble companion, publicado en 2016 baixo a editorial Farrar, Straus and Girou pola prestixiosa xornalista e naturalista de Massachusetts Wendy Williams, a raíz dunha visita que realizou en 2014.
  • Os estudos de Victor Ros serras galegas unha estadía de estudo e vixilancia dos garranos, quen estes días está a seguir a problemática que supón este proxecto.

O IEM indica que a da serra da Groba é a poboación máis numerosa de cabalos salvaxes do mundo, e a máis xenuína, segundo a comunidade científica. Arredor duns 1.200 exemplares entran nos curros da serra cada ano, e ocupan todos os montes axudando coa súa presenza ao mantemento do mato baixo e á convivencia con outras especies vexetais e animais.

"Nos anos 70 do pasado século XX tiñamos na Groba 2.100 garranos, e en Sabucedo 340. No ano 2022 tiñamos na Groba 1.100 e en Sabucedo un máximo de 300. O declive no número de exemplares é tan evidente como alarmante e son múltiples as razóns desta mingua, pero no que todo o mundo está de acordo e que a presión antrópica sobre os espazos nos que habitan e unha das máis salientables", indica o Instituto.

Máis recentemente, a entidade aporta un último estudo elaborado en 2021 pola Universidade da Coruña. Nas conclusións do mesmo fálase das ameazas e do perigo de desaparición destes animais e do grande valor que teñen no mantemento dos ecosistemas, nomeadamente das urceiras húmidas atlánticas e da súa importancia na absorción do carbono, así como outros beneficios ambientais e sociais para as poboacións que contan con estes animais nos montes.

No ano 2017, o Instituto de Estudos Miñoráns levou a todos os grupos parlamentarios daquela no parlamento de Galicia unha proposta acompañada dun extenso traballo de documentación e recopilación de información ao respecto, onde se propoñía crear unha comisión de expertos e científicos que elaboraran un traballo no que se identificaran todos os valores, problemas e posibilidades dos garranos en toda Galicia, para promover unha iniciativa parlamentaria consensuada na que se propuxese un regulamento específico para o mantemento dos garranos nos nosos montes e serras.

Un regulamento que consideran "necesario, no que se contemplasen todas as singularidades e potencialidades e se protexese un dos máis interesantes animais da nosa terra, que ten presenza ininterrumpida dende a última glaciación Würm que comezou hai uns 110.000 anos e rematou arredor do 9700 a.C., dando paso ao Holoceno, o periodo de clima temperado actual, e que están representados en múltiples gravados rupestres nos mesmo lugares nos que habitan e habitaron".

Mentres todo esto sucede no mundo cultural e científico, o IEM denuncia que a Xunta de Galicia "mira para outro lado e pasa dos garranos e dos seus habitáts e despreza o que en todo o mundo se valora". Por exemplo, nin tan sequera é comunicada a Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, para que emita un informe sectorial que analice as afeccións e ameazas sobre ésta especie dos proxectos eólicos actuais, segundo argumenta a entidade do Val Miñor. "Para a Xunta os garranos simplemente non existen. Por que será?", pregúntanse dende a entidade.

"Non podemos deixar que veñan de fóra, ou de onde veñan, a explotar os nosos recursos e perdamos un dos maiores valores naturais e culturais sen que ninguén faga nada para parar o seu declive. As nosas bestas levan aí moito máis tempo que o que nós levamos, e non podemos permitir a industrialización salvaxe das nosas serras ameazando a súa supervivencvia", conclúe por último o Instituto de Estudos Miñoranos, amosando o seu rexeitamento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí