Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño traballa para conseguir un instituto máis inclusivo

Para conmemorar o día das bibliotecas escolares o alumnado de 4º de ESO organizou un acto, no que presentou o traballo -A escola inclusiva en Tomiño onte e hoxe-

Para conmemorar o día das bibliotecas escolares o alumnado de 4º de ESO organizou un acto, no que presentou o traballo -A escola inclusiva en Tomiño onte e hoxe-

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño quere ser máis inclusivo. Con este fin, o alumnado está traballando arreo a través de distintos proxectos.

 

Para conmemorar o día das bibliotecas escolares o alumnado de 4º de ESO organizou un acto, no que se presentou un traballo realizado o ano pasado titulado "A escola inclusiva en Tomiño onte e hoxe".

 

Así, o alumnado, acompañado da directora do centro, Cruz Garrido, puido explicar pormenorizadamente a labor levada a cabo, ante un auditorio no que estaban tamén o inspector de zona, Antonio Estévez; o asesor de bibliotecas escolares de Galicia, Francisco Díaz; a alcaldesa, Sandra González, a concelleira de Educación, Cristina Martínez; o presidente da Anpa, Javier Besada, e a asesora do Centro de Formación e Recursos de Vigo, Isabel Nuevo.

 

Seguidamente, presentouse un vídeo resumo do proxecto, con catro apartados. No primeiro estudáronse as escolas indianas e a súa labor inclusiva, con especial referencia á labor educativa de Alonso Ríos, en defensa da educación pública. A biblioteca quixo implicarse na reedición do libro "O Siñor Afranio. Ou Como Me Rispei Das Gadoupas Da Morte” de Antón Alonso Ríos, resaltando ademais a súa faceta de mestre en Tomiño.

 

Na cinta reflectiu en 2º lugar o traballo de investigación realizado polo alumnado comparando as escolas dos seus avós coa actual; amosando as conversas cos avós e avoas, contacto interxeracional moi necesario durante a pandemia.

 

Un 3º apartado, sobre a formación recibida en temas de bibliotecas inclusivas e creativas, así como en orientación para a selección de lecturas inclusivas. O alumnado explicou conxuntamente co  departamento de orientación, como se desenvolve a atención á diversidade desde unha óptica inclusiva; a mediación para resolver conflitos, etc.

 

Por último, o alumnado realizou unha mostra divulgativa de lecturas inclusivas que se difundiron polas redes sociais (poemas, contos, etc.) sobre temas como a diversidade, os cambios, a familia, a natureza, as ciencias naturais, os animais, etc.

Ao final do acto fíxose entrega de diplomas aos voluntarios do programa de bibliotecas solidarias 2020-2021.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí