Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O LANZO DAS IMAXES CHEGA HOXE A TORRÓN

O filme rodouse durante os lanzos da cruz do 2010 e 2011

Fecha: 09 de Abril de 2012

Fuente: Natalia Jorge


O filme O lanzo das imaxes ao fin chega ao Torrón, o seu lugar de inspiración e de creación. É unha chegada repleta de nervos pero tamén de emoción. Ao fin, o filme dirixido por André Martins e producido por Natalia Jorge será proxectado para os veciños e veciñas da parroquia de Sobrada.
A película tivo unha xestación de dous anos e estreouse o pasado 22 de outubro no auditorio de Vila Nova de Cerveira. Aquel día moitos veciños e veciñas de Sobrada se desplazaron á outra beira para compartiren o estreo do Lanzo das Imaxes.
Este é un documental sobre o lanzo da cruz e as xentes do Torrón que durante xeración e xeracións soubo conservar e trasmitir a vella a tradición dos lances de cruz. Os lances de cruz consistían na beizón por parte do párroco das redes para que tiveran boa pesca, en troca os pescadores pagánbanlle cunha lamprea. O lance de cruz é pois o ritual central do lanzo da cruz que denota a importancia que tiña o río na vida do vecindario xa que del extraía unha parte dos seus ingresos cos cales sobrevivían.
A ligazón dos veciños e veciñas do Torrón o río queda polo tanto patentizado nesta romería que desperta o fervor da parroquia que ano tras ano acompañan ao cura na súa visita ao río, e nos últimos anos tamén o acompañan no seu peregrinar polo río ata a capela da Nosa Señora da Cabeça do lado portugués.
O filme está incluido dentro da programación da romería do Lanzo da Cruz para este ano. Recordamos que a festa dura dous días e se celebra no cruce dos Escampados. O domingo 8 será proxectado o filme ademáis de prepararse a tradicional queimada que se servirá gratuitamente. E para os que queiran bailar, orquesta "Costa blanca" .
O luns 9 de abril é o día grande das celebracións. Pola mañán ás 12h30 misa solemne e ás 16h30 comeza algarabía coa baixada ao río no tradicional desfile de chimpíns para dende o río asistir ao tradicional ritual de beizón do río e pesca da lamprea. Tamén para os que queiran cruzar á beira portuguesa, se disporá de barcas que gratuitamente transportarán a todos e todas os que se animen a visitar a Nosa Señora da Cabeça.
A volta do río está prevista para ás 20h00 cando se repartirán bocadillos de chourizo asado facilitado pola Comunidade de Montes de Sobrada. Tamén unha vez regresado se entregarán os premios aos tres mellares chimpíns e se fará o sorteo das rifas. Esta xornada está amenizada por Brisas de Tomiño e os Terribles de Donas.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones