Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O MÉDICO TUDENSE ROSENDO BUGARÍN GONZÁLEZ PREGOEIRO DAS FESTAS DE SAN TELMO 2013

O Concello de Tui ven de designar ao médico tudense, Rosendo Bugarín González, como encargo da lectura do pregón das Festas de San Telmo deste ano 2013.

Fecha: 28 de Enero de 2013

Fuente: www.concellotui.org

O Concello de Tui ven de designar ao médico tudense, Rosendo Bugarín González, como encargo da lectura do pregón das Festas de San Telmo deste ano 2013.
 
O Concello de Tui ven de designar ao médico tudense, Rosendo Bugarín González, como encargo da lectura do pregón das Festas de San Telmo deste ano 2013. O Alcalde tudense informa da aceptación por parte do Dr. Bugarín González deste nomeamento e que, por tanto, asumirá a alta función de convocar a tudenses e visitantes á participación nas tradicionais festas de San Telmo nun acto solemne que terá lugar o vindeiro sábado 30 de marzo de 2013.

Par ao rexedor tudense estamos diante dunha coñecida personalidade no mundo da medicina e dunha persoa altamente estimada na nosa localidade. Coa designación de Rosendo Bugarín González o Concello de Tui da continuidade á súa aposta na elección do pregoeiro das Festas Patronais dedicadas a San Telmo pola promoción de personalidades locais que teñan salientado na súa actividade, pois ninguén mellor que eles para convidar a veciños e visitantes ás celebracións festivas quen este ano 2013 abranguen do 30 de marzo ao 8 de abril.


Rosendo Bugarín González

Naceu en Tui no ano 1961. Casado coa tamén tudense Menchu Diz. Licenciado e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Diplomado en Sanidade. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Especialista Universitario en Urxencias.
Traballou durante mais de 15 años no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e, na actualidade, exerce como médico de familia no Centro de Saúde de Calo do Concello de Teo.
É o presidente do Comité de Ética de Investigación Clínica de Galicia e vocal da Comisión Galega de Bioética. Forma parte da Xunta Directiva do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña.
Autor de múltiples publicacións relacionadas coa atención primaria e a medicina de urxencias. Relator de múltiples ponencias e actividades docentes no ámbito da medicina. Editor da revista de medicina Semergen.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones