Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O mirabel do rosal na liña de batalla cos nosos sanitarios

A empresa agraria Mirabel Do Rosal doa unha partida dos seus produtos transformados para os sanitarios da área de Vigo.

Preténdese recoñecer o gran esforzo do persoal sanitario durante esta emerxencia provocada polo Covid-19

Fecha: 22 de Abril de 2020

Fuente: Mirabel do Rosal

A empresa agraria Mirabel Do Rosal doa unha partida dos seus produtos transformados do mirabel marca Alén Do Val, para axudar a cubrir as necesidades extraordinarias do persoal sanitario da área de Vigo durante a emerxencia sanitaria provocada polo Covid-19, e ao mesmo tempo, recoñecer a humanidade e o gran traballo desenvolvido por este persoal para intentar superar esta situación tan difícil que está a acontecer.

Trátase dunha partida composta por mirabeis en almíbar, marmelada de mirabel, doce de mirabel e snacks de mirabel, que polo momento xa chegaron hasta a unidade de Urxencias, UCI e plantas de Covid do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Con esta medida preténdese colaborar cos profesionais sanitarios que están pasando por un momento del alto estrés no traballo, e facilitar así, que poidan consumir alimentos de alta calidade, procedentes da transformación dunha froita local, con alto aporte enerxético e nutricional e de produción ecolóxica. Dende a empresa confírmase un total apoio ao sector sanitario, un sector que está en primeira liña desta crise traballando arreo para dar o mellor servizo e apoiando aos cidadáns ante esta situación extrema.

Mirabel Do Rosal segue traballando no coidado das árbores de mirabel para que na próxima temporada poidamos desfrutar de esta exquisita froita galega gourmet, e ao mesmo tempo, entregando nos puntos de venda os produtos transformados marca Alén Do Val para que estean a disposición dos consumidores que buscan alimentos ecolóxicos e de calidade.

Mirabel Do Rosal:


Mirabel do Rosal é unha empresa agraria que xurde como una iniciativa local de varios veciños do concello do Rosal (Pontevedra) coa intención de poñer en valor os produtos típicos da zona. Na actualidade dispón de 10 hectáreas de terreos propios e alugados dedicados á produción ecolóxica de mirabel.


Mirabel Do Rosal, dende os últimos anos, ven pondo o mirabel fresco ao alcance de todos os consumidores, os cales poden gozar dunha froita de temporada, de calidade e producida por métodos tradicionais, cousa que seguirá facendo para a próxima campaña que xa pronto se aveciña.


Coa marca comercial "Alén do Val", iniciouse o camiño da comercialización de produtos transformados do mirabel, primeiro coa marmelada de mirabel, posteriormente cos mirabeis en xarope, e posteriormente coa cervexa elaborada con mirabel, doce e snaks, sempre amparados polo CRAEGA e buscando produtos de alta calidade.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones