Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O MUMI 2022 conectará ás industrias musicais galega e portuguesa na Eurocidade Tui-Valença en setembro

A partir deste xoves, profesionais e artistas poderán inscribirse para participar na 3ª edición da feira, que se celebrará do 29 de setembro ao 1 de outubro e que contará coa CRTVG como medio amigo para a difusión do encontro.

A partir deste xoves, profesionais e artistas poderán inscribirse para participar na 3ª edición da feira, que se celebrará do 29 de setembro ao 1 de outubro e que contará coa CRTVG como medio amigo para a difusión do encontro.

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Febrero de 2022

Fuente: Concello de Tui

A partir deste xoves, profesionais e artistas poderán inscribirse para participar na 3ª edición da feira, que se celebrará do 29 de setembro ao 1 de outubro e que contará coa CRTVG como medio amigo para a difusión do encontro.



“O MUMI é unha grande oportunidade para converter a Eurocidade Tui-Valença nun polo de intercambio cultural e económico entre os dous países”. Esta foi a mensaxe lanzada pola organización da feira e secundada por todas as entidades que participaron esta mañá na presentacio?n do MUMI 2022, o encontro profesional das mu?sicas do Minho que se celebrara? do 29 de setembro ao 1 de outubro. Na presentación participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro Gonza?lez; o presidente e responsable de Cultura da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira; a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente; o xefe territorial da Xunta en Pontevedra, César Pérez Ares; e representando a? organizacio?n do MUMI, Diana Martins e Manuel Vicente Roxo. O encontro do sector musical, que tamén tera? programacio?n aberta a? cidadani?a, anuncia a súa intención de fixar ubicación de cara ás próximas edicións. “O MUMI atopou na Eurocidade Tui-Valença o enclave perfecto para consolidarse e medrar ata converterse na feira musical de referencia do oeste peninsular”, afirmou Roxo.


Tui, 22 de febreiro de 2022.- Diana Martins e Manuel Vicente Roxo, representantes dun equipo organizador con estrutura en ambas beiras do Min?o, manifestaron a súa satisfacción por ter atopado na Eurocidade unha garantía de estabilidade para o MUMI, que este ano pretende consolidarse tanto en ubicación como en calendario. A feira reubícase na última fin de semana do mes de setembro, unha data que favorece a asistencia de profesionais e artistas, e que ademáis vai encher de xente as dúas vilas nunhas datas de menor afluencia de visitantes.

Diana Martins anunciou que desde este mesmo xoves 24 de febreiro todas as persoas interesadas en participar no MUMI 2022 poden inscribirse no encontro a trave?s da web mumimusicas.eu. A convocatoria para candidatar propostas de artistas e bandas galegas e portuguesas permanecerá aberta ata o 31 de marzo, mentres que as inscricións para profesionais estarán abertas ate? as datas de celebracio?n do evento. En ámbolos dous casos, a participación e? gratui?ta.

Pola súa parte, Manuel Vicente Roxo lembrou o importante impacto económico e social da pasada edición, na que participaron máis de 80 artistas e 132 profesionais galegos e portugueses do sector musical,  entre axencias, programadores públicos e privados, xornalistas culturais, empresas de servizos, discogra?ficas e editoras. A feira realizou un gasto directo na Eurocidade de perto de 12 mil euros, o que significa un terzo do orzamento recibido; e aos que hai que sumarlle o gasto indirecto realizado polos cerca de 2.000 visitantes que se achegaron a participar e disfrutar dunha programacio?n cultural e turi?stica que encheu durante 3 di?as as rúas e espazos de ámbalas dúas cidades, ofrecendo un total de 19 concertos, 5 conferencias e decenas de encontros de negocios arredor da música. Roxo asegurou que nesta 3ª edición prevese aumentar este impacto económico e sobre todo remarcou a importancia do impacto social e media?tico dun evento coma este. “O MUMI crea alianzas estrate?xicas e iso e? fundamental nun momento como o que estamos a vivir”, apuntou.

Un dos grandes obxectivos é atraer programadores do sector público e lograr que a feira se convirta nun obrigado punto de encontro para as contratacións artísticas dos concellos e cámaras municipais dos dous territorios. O MUMi pretende afirmarse, no prazo de 5 anos, como a Feira Internacional da Lusofonia, unha cita anual que permita explorar novas posibilidades dun sector estratéxico, servindo de escaparate e punto de encontro para ambos países, e tamén para todas aquelas empresas, entidades e iniciativas que atopan na música un espazo de promocio?n e diferenciacio?n a traves do mecenado e a esponsorizacio?n, como xeito de posicionamento no seu propio mercado.



O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalou que “despois da edición do ano pasado temos claro que o MUMI ten que ser unha das apostas inequívocas do Concello porque estamos convencidos de que temos diante unha oportunidade que nos vai beneficiar a todos, tanto ás institucións como á industria musical dos dous países". O rexedor aínda engadiu que "se hai un territorio que reflicte o espíritu do MUMI é a Eurocidade Tui-Valença".

Pola su?a banda, José Manuel Carpinteira, presidente da Ca?mara Municipal de Valenc?a, incidiu no "enorme potencial do evento e na súa capacidade para recuperar a normalidade na actividade musical e contribuír a relanzar o sector da cultura, despois da parada pandémica".

O xefe territorial da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, explicou que "o MUMI exemplifica unha das liñas de traballo marcadas desde a Consellería de Cultura de impulsar e promover a relación cultural entre Galicia e Portugal, ao amparo da Lei Valentín Paz-Andrade". A administracióna utonómica apoia o evento a través dos fondos do Plan de Reactivación do Xacobeo.

Por último, Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui salientou que "o MUMI é a primeira feira internacional de música galego-portuguesa e non temos dúbida de que será en pouco tempo un encontro de referencia na península". Vicente engadiu que o evento vai axudar a reforzar o sector turístico da Eurocidade que neste momento está atravesando aínda nunha situación complicada.

Tres di?as de mu?sica e encontros profesionais en localizacio?ns emblema?ticas de ambos municipios. Asi se?ra o MUMI 2022, que bota a andar tras esta presentacio?n co obxectivo de seguir creando novos mercados para as mu?sicas galega e portuguesa. Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestio?n cultural, xornalistas e pu?blico xeral daranse cita na última semana de setembro neste evento que conta co apoio econo?mico de ambos municipios, o da Xunta de Galicia, a Direção de Cultura do norte de Portugal e a Fundação GDA (Gestão dos Direitos dos Artistas). Ademais este ano, únese como medio amigo a CRTVG, para garantir a través da Radio Galega e a Televisión de Galicia a cobertura da feira; unha difusión que na outra beira do Minho estará apoiada desde os medios públicos portugueses Antena 2 e Antena 3.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí