Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O -Música e viño no teu camiño- estrea logo

O seu obxectivo é crear puntos de encontro entre as persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago e a poboación local dun xeito diferente e orixinal

Tres eventos musicais que se desenvolverán nos concellos de A Guarda, Redondela e Tui

Fecha: 26 de Septiembre de 2019

Fuente: Eu Rural

O proxecto ‘Música e Viño no teu Camiño' xa ten logo. Tras unha votación popular a través da web da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, os veciños e veciñas do territorio do GDR 14 escolleron por maioría o logo que representará ao proxecto durante a súa andaina. Trátase dunha imaxe que aglutina á perfección todo o que representa este proxecto, cun pentagrama no que se recollen tamén as frechas do Camiño e sobre o que se posa un acio de uvas semellando notas musicais. As cores tamén son identificativas: os azuis do programa O teu Xacobeo ao que pertence o proxecto e o amarelo das sinalizacións do Camiño de Santiago.

Este logo conseguiu o 41% dos votos, case o dobre que a segunda proposta máis votada (22,2%) e moi por riba das tres imaxes restantes (empate co 14,8% e un 7,4%). Todas as propostas participantes na votación, así como os resultados, poden consultarse na web de Eurural (https://eurural.org/o-teu-xacobeo-musica-e-vino-no-teu-camino/).

Tres cidades, tres eventos

O proxecto ‘Música e Viño no Teu Camiño' é unha iniciativa que a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural porá en marcha o vindeiro mes de outubro ao abeiro do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. O seu obxectivo é crear puntos de encontro entre as persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago e a poboación local dun xeito diferente e orixinal: a través de tres eventos musicais que se desenvolverán nos concellos de A Guarda, Redondela e Tui.

Deste xeito, o vindeiro mes de outubro, estes municipios acollerán un concerto musical ao aire libre e totalmente gratuíto que será o eixo central dun espazo creado para fomentar as experiencias positivas arredor dos produtos do territorio, poñéndoos en valor e promocionándoos. Así, o público asistente poderá degustar viños con D.O. Rías Baixas subárea do Rosal e desfrutar da gastronomía local a prezos populares. Os eventos celebraranse nas seguintes datas:
? 4 de outubro de 2019. Concerto de The Soul Jacket na Praza da Torre de Redondela.
? 12 de outubro de 2019. Concerto de The Pretty Shirts Rock&Roll Band na Praza do Reló de A Guarda.
? 19 de outubro de 2019. Concerto de Best Boy na Praza de San Fernando de Tui.

Todos os eventos comezarán a partir das 20.30 horas e contarán coa presenza e participación confirmada das adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda e Adegas do Vimbio.

Que é Eurural?

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural é a entidade sen ánimo de lucro responsable da execución da Medida Leader 2014-2020 no territorio recoñecido pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia como Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR14), que abarca 13 concellos do sur da provincia de Pontevedra: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones