Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O MÚSICO PORTUGUÉS THE LEGENDARY TIGERMAN OFRECERÁ UN CONCERTO EN PLAY-DOC

Este one mand band é un dos músicos máis destacados do panorama indie luso, cunha enorme proxección internacional polo seu estilo que mestura a mellor tradición do blues con novas tecnoloxías

O festival proxecta como complemento ao concerto o filme True, sobre o proceso creativo do último álbum do artista

Fecha: 09 de Abril de 2015

Fuente: Play-Doc Tui

Play-Doc Festival Internacional de Documentais sempre situou a música nun lugar especial na súa programación. A celebración dun concerto, ligada á proxección dun filme sobre os artistas que soben a escena, é xa todo un clásico no certame. A sección Play-Doc Live! 1906 terá como protagonista nesta edición a The Legendary Tigerman, que tocará na Sala Metropol de Tui a noite do sábado 25. Para acompañar a actuación, mostrarase True, filme que documenta o proceso de gravación do álbum homónimo.

The Legendary Tigerman é o nome artístico de Paulo Furtado, un dos músicos máis relevantes do panorama independente de Portugal. Logo de traballar na banda rockabilly Tédio Boys, na que tocou na década dos 80 e 90, Furtado fundou o grupo de blues rock WrayGunn, no que é guitarra principal e vocalista. Pero é principalmente coñecido pola súa carreira en solitario, na que ten publicado seis discos dende 2002.

Dende a súa orixinal Coimbra, deu o salto ao mundo en 2009, cando se sumou a Jarvis Cocker nunha popular xira. O seu álbum dese ano, Femina, incluía temas con varias vocalistas femininas lusas, e foi todo un éxito, acadando un posto de honra entre os 5 máis escoitados da tempada. Seguindo a tradición dos vellos blues men, este one man band bebe das raíces máis profundas do blues rock norteamericano, combinadas con novas tecnoloxías -samples, beats, loops- aínda que sempre mantendo a autenticidade de tocar os instrumentos en vivo e en directo.

Esta explosiva e irresistible combinación levouno a escenarios de toda Europa, Estados Unidos, América do Sur e Xapón. The Legendary Tigerman é, por enriba de todo, música, pero ten moito que ver tamén co cinema e a fotografía, facendo dos shows toda unha experiencia cinematográfica e musical. Neste sentido, para completar a experiencia, Play-Doc proxectará True, filme de Paulo Segadães, no que o director segue todo o proceso creativo do novo álbum do artista.

As entradas para o concerto terán un prezo de 8 euros. A apertura de portas é ás 00:30 horas do sábado 25 de abril, na sala Metropol de Tui. Pódense adquirir na propia sala ou na sede do festival, o Teatro Municipal de Tui. Play-Doc Live! é posible grazas ao patrocinio da marca de cervexa 1906, de Hijos de Rivera. As persoas que adquiran un pase especial de Play-Doc Support poderán entrar de balde. Esta é unha iniciativa do certame para que os espectadores poidan apoiar a súa labor con pequenas achegas económicas. En www.play-doc.com , a información sobre como contribuír.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones