Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O papel da finca de fínola no futuro da Guarda

Por que se mercou a finca de Fínola en 2018?

Por que se mercou a finca de Fínola en 2018?

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Junio de 2022

Fuente: Concello da Guarda

No concello da Guarda temos un importante déficit de chan público e esta falta de espazo faise máis evidente no casco urbano. Faltan zonas para estacionamentos, faltan espazos verdes e sobre todo falta chan para dotacións municipais. O chan para servizos municipais, chamado “dotacional” é o que permitiría construír edificacións ou instalacións adicadas por exemplo a servizos sanitarios, asistenciais, docentes, culturais, deportivos e outros.

Dende fai moitos anos a finca de Fínola víñase utilizando por parte das comisións de festas e do concello para diversos usos gracias a boa vontade dos propietarios. No ano 2018 danse unha serie de circunstancias que fixeron que o concello se planteara adquirir esta propiedade:

  1. concello tiña unhas contas saneadas e depuradas que permitían facer fronte ao investimento.
  2. A finca ten unha situación estratéxica dende o punto de vista do interese público, está entre a alameda e a finca do Centro Cultural, polo que resulta interesante para conseguir un gran espazo de chan público no casco urbano, que podería destinarse a dúas grandes necesidades da Guarda: un auditorio e un gran parque.
  3. Dende o punto de vista urbanístico existe a posibilidade de converter a parcela en dotacional sacándoa fora do ámbito do PERI 5. Desta forma trátase de evitar a construción privada na finca e posibilitar que ademais de zonas verdes ou aparcamentos se poida construír o equipamento que o concello necesite, por exemplo, como comentabamos antes, un auditorio.
  4. propietario estaba interesado en vender.
  5. valor das propiedades inmobiliarias estaba en niveis moi baixos.
  6. PERI 5 está grafiado no PXOM do concello da Guarda dende a súa aprobación en 1993. Nin no ano 2018 nin na actualidade hai indicios de que o PERI se vaia a desenvolver e o concello non ten a capacidade técnica nin económica para facelo. A todo isto hai que engadir que a ficha do PERI non contemplaba nin un só metro cadrado de chan dotacional, é dicir, non se podería construír nin o auditorio nin calquera outro equipamento público.

O valor de compra da finca foi moi vantaxoso para o concello. O prezo foi determinado por un técnico municipal, nun informe que está a disposición de quen queira velo,  en 310.928,54 €. O prezo final pagado polo concello foi de 280.000 €. Se algún grupo político insinúa que a operación non foi limpa quizá habería que aplicarlle o refraneiro. A venda foi acorde a lei e aprobada en pleno.

 

Que facemos agora que a finca de Fínola é municipal?

Agora que o concello é propietario da finca de Fínola cunha superficie de 3.102 m2 ,cales son as opcións para esa propiedade? e desas opcións cal é a mellor para os intereses da Guarda?

O proxecto do equipo de goberno encabezado por Antonio Lomba cando adquiriu a finca era moi concreto, así se plasmaba na memoria de alcaldía que xustificaba a adquisición: a finalidade da compra de Fínola era a de convertir esta finca en chan dotacional.

A modificación puntual para converter Fínola en dotacional foi dende o principio unha declaración de intencións. Pero imos a analizar se hai algunha outra proposta razoable, para ver se de verdade hai despilfarro ou polo contrario o que hai é ignorancia por parte de quen critica a operación.

A Modificación Puntual nº 7 para a finca de Fínola e o PERI 5 aprobouse inicialmente no último pleno. Os principais motivos para levar adiante esta MP son os seguintes:

  1. Por interese público, conséguese espazo para dotacións no centro urbano da Guarda, que non se conseguirían co desenvolvemento do PERI 5.
  2. Optimízase o uso do patrimonio municipal adecuando a parcela a súa realidade física de chan urbano consolidado.
  3. Increméntase os equipamentos públicos municipais, onde antes non había nada.
  4. Dotase ao ámbito do PERI 5 de seguridade xurídica ao actualizalo a normativa urbanística actual

A outra alternativa que se plantea é non modificar o planeamento deixando a parcela dentro do PERI. Nese caso teríamos unha parcela coa condición de solar que non se pode usar para nada o que a convirte nun activo antieconónico. Iso si que sería un despilfarro.

Non cabe dúbida que modificar o planeamento para converter a finca de Fínola en dotacional redelimitando o PERI5, tal como se aprobou inicialmente no pasado pleno, permitirá optimizar o patrimonio municipal en favor da veciñanza. Nesta operación, ademais de converter en dotacionais os 3102 m2 da finca de Fínola, aparece unha cesión municipal na nova ficha, pola adaptación á normativa, do 10%, que equivale a 1.168,80 m2. Isto quere dicir que se conseguen en total 4.270,80 m2 de chan dotacional gracias a MP7 onde antes non había nin un só metro.

Resulta indiscutible que o aumento dos metros cadrados de equipamentos no entorno urbano repercuten na mellora da calidade de vida e a cohesión social.

Os grandes beneficiarios da compra de Fínola e da Modificación Puntual 7 son os guardeses e guardesas do presente e do futuro, xa que permitirá, sobre todo aos primeiros, poder desfrutar dun equipamento tan necesario e demandado como será o Auditorio  e da ampliación da Alameda ( incorporando ademais a rúa Rosalía de Castro) nun prazo curto de tempo, algo que non sería posible doutro xeito.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones