Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PARQUE DO LAXAL EN REBORDÁNS ACOLLE HOXE A XV NOITE INTERNACIONAL DO MIÑO

Este ano os grupos chegan dende Arxentina, Turquía, Ecuador e África do Sur.

Cada ano o festival reúne a preto de mil persoas no Parque do Laxal.

Fecha: 29 de Julio de 2014

Fuente: www.concellotui.org

O Parque do Laxal en Rebordáns acolle o próximo martes, 29 de xullo, ás 21.30h a XI Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Baile e Gaitas San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui. A entrada é gratuíta.

Esta cita co folclore, xa consolidada no verán tudense, achéganos cada ano unha mostra dos bailes e cancións de distintos países. Este ano os grupos chegan dende Arxentina, Turquía, Ecuador e África do Sur. Cada ano o festival reúne a preto de mil persoas no Parque do Laxal.

A Compañía Arxentina de Arte Folklórico -C.A.F- da Cidade de General Roca (Río Negro) ten como obxectivo difundir música e danza do folclore Arxentino. Está dirixida por Marcos Fuentes e composta por músicos e bailaríns de diversas provincias que teñen actuado en  varios países europeos, como Portugal, Alemaña, Polonia, España, Francia e Italia. O seu repertorio basease en bailes de diferentes rexións de Arxentina, interpretadas dun xeito novo e atractivo, onde o entusiasmo do público mantense en toda a presentación, destacando entre eles, bailes como o tango e o malambo.

HAYFEM foi fundada en 1986 en Turquía incluíndo no seu repertorio bailes populares de sete rexións turcas. Formado por oitenta persoas o grupo  ten participado en diversos festivais de toda Europa e logrando varios trofeos en varias competicións. HAYFEM organiza tamén o seu propio festival, HAYFEMFEST. O grupo utiliza nos seus bailes os traxes das diferentes rexións do país.

Cuniburo Cultural fundouse en abril de 1992 achegando aos mozos o arte da danza e da música da rexión de Cayambe e da ciudad de Quito, así como doutras rexións do Ecuador. O grupo está  composto pola parte musical Nanpi (palabra quichua que significa "camiñando") e na danza por Allpamanta (palabra quichua que significa "na terra"). Esta agrupación forma parte da CIOFF e conta con varios premios a nivel nacional e internacional, realizando actuacións en todo o país e a nivel internacional en Brasil, Venezuela, Paraguay, Francia, Italia e Portugal.

"Mazibuye Emasisweni" de África do Sur é unha iniciativa de Jerry Bongani Zwane xunto coa mocidade de Kathorus, que son áreas xeográficas que compoñen a comunidade. O principal obxectivo deste proxecto é para romper o ciclo de violencia, desesperación e rabia entre os mozos, así como mostrar os anciáns que aínda están interesados na tradición. Investigan nas raíces culturais variadas de Sudáfrica para aprender varias danzas e estilos de vida/tradicións das festividades.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones