Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Partido Popular de Tomiño confirma que o consultorio de Goian volverá a súa normalidade

A praza vacante de Goián será cuberta de forma definitiva o remate de verán.

O PP Tomiñés solicitará ao Goberno local do BNG a adquisición dun novo local para o consultorio médico.

Fecha: 25 de Junio de 2020

Fuente: PP de Tomiño

O Partido Popular de Tomiño a través do seu portavoz municipal, Esteban González Miranda, afirma que o consultorio médico de Goian volverá a normalidade; despois de reunirse co Xerente do Sergas da área de Vigo, Julio Comesaña. Nesta reunión o Xerente do Sergas explicou a situación actual e a organización asistencial levada a cabo no centro de saúde de Tomiño, sendo a seguinte:

Con motivo da reorganización asistencial motivada pola declaración de pandemia Covid-19, o centro de saúde de Tomiño centralizou a actividade asistencial temporalmente, na unidade de mañá, xunto co consultorio de Goian, con data 17 de marzo de 2020.

O facultativo que atendía no consultorio de Goian, Dr. Rica, xubílase con data de 18 de xuño, iniciando a súa ausencia desde o 15 de maio, data que comeza a gozar os seus permisos vacacionais correspondentes. Sendo cuberta esta ausencia desde o seu inicio cunha profesional que finalizou este ano a residencia de MFyC comunitaria na nosa Área Sanitaria. Esta praza vacante, ofrecerase co resto de vacantes Área ao finalizar o verán para a súa cobertura definitiva.

Tal e como viñamos actuando en anos anteriores, durante a época estival e motivada pola falta de substitutos en listas de contratación, a asistencia dos pacientes do centro de Tomiño realízase en horario de mañá, quedando cuberta a tarde polos profesionais do PAC de Tui,
En todo caso unha vez finalizada esta situación o médico volverá ao consultorio.

Por outra banda Esteban González, lembra que as medidas actuais, intentan evitar rebrotes do Covid, dado as condicións de falta de hixiene e seguridade do actual salón parroquial convertido en consultorio médico, e non cumpría cos requisitos de seguridade sanitaria que o Ministerio de Sanidade obrigaba para levar adiante a actividade sanitaria con seguridade para os veciños.

Non é de recibo que despois de dez anos non se teña buscado por parte do actual goberno municipal unha alternativa, cando é unicamente responsabilidade do goberno local. Ten que ser a pandemia do Covid-19 que pon en evidencia o pasotismo da alcadesa e do Bng, dando a entender que pretenden deixar a Goian sen consultorio médico, como se fixo co anterior.

Por iso o Partido Popular solicitará ao Pleno Municipal que o goberno local se poña a traballar para adquirir un novo local para trasladar o consultorio médico de Goián, cumprindo con todos os requisitos de seguridade sanitaria contra o Covid-19, esperando o apoio do Psoe Tomiñes; afirmou o portavoz Esteban González.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones