Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O patrimonio cultural tudense accesible en liña permite a súa visita e coñecemento virtual

O concello elaborou unha listaxe de recursos accesibles a través da internet con información, imaxes, vídeos? tanto propios coma alleos

O concello elaborou unha listaxe de recursos accesibles a través da internet con información, imaxes, vídeos? tanto propios coma alleos

Fecha: 09 de Abril de 2020

Fuente: Concello de Tui

Tui conta cun importante patrimonio cultural, sendo este unha das súas principais sinais de identidade, así coma un dos seus destacados recursos turísticos.

Nestes días de confinamento o Concello de Tui publica unha compilación de recursos accesibles en liña para visitar este patrimonio e afondar no seu coñecemento.

Un destes recursos é o propio apartado dedicado ao turismo na web municipal www.tui.gal, onde podemos atopar información sobre o recursos patrimoniais culturais da cidade coa súa historia, imaxes e vídeos.

Así na Galería atopamos albumes de fotografías do Camiño Portugués, a Catedral de Santa María, o Conxunto Histórico, ou Tui dende o Ceo.

Na canle de Vimeo do Concello de Tui podemos visionar distintos vídeos coma "Tui, cidade histórica, natural, monumental...", "Tui, Porta do Camiño", ou "Ruta Xudía".

Dende a Concellería de Patrimonio compílanse estes recursos on-line para mellorar o coñecemento dos recursos patrimoniais do noso municipio dende o convencemento de que este coñecemento implicará unha mellor valoración e conservación do mesmo.  

Paralelamente a difusión destes recursos quere tamén levar unha mensaxe de cara ao futuro. Ao  remate deste período de confinamento Tui estará agardando a todos os visitantes e turistas cunha acreditada oferta turística que, abofé, irá pouco a pouco recuperando normalidade á medida que se vaian levantando as medidas de confinamento.

Así máis aló dos recursos propios accesibles en liña, tamén se compilaron outros recursos accesibles de interese sobre o patrimonio cultural tudense.

Listaxe de recursos:

-          Apartado de Turismo da Web Municipal

-          Turismo Rías Baixas

o   Camiño Portugués

o   Recursos sobre Tui

-          Turismo de Galicia

o   Recursos sobre Tui

o   Visita virtual á Catedral de Tui

-          Camino de Santiago

o   Información sobre o Camiño Portugués

-          Patrimonio Galego

o   Na web "patrimoniogalego.net" podemos coñecer os recursos patrimoniais tudenses e colaborar coa mesma incorporando novos elementos do noso patrimonio cultural aínda non reseñados.

o   Panorámicas interactivas da catedral de Tui

-          Conferencia "Patrimonios, paisaxes e identidades na restauración das cidades fronteirizas" de Iago Seara, coordinador do Plan Director da Catedral de Tui

-          Reportaxe sobre Tui do programa "Desde Galicia para el Mundo" de agosto de 2012

-          Imaxes panorámicas de Tui recollidas en Panoleku tomadas en 2010

-          Paseo Virtual polo entorno da Catedral de Tui realizado por Faro de Vigo

-          Plan Director das fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño 

-          Francisco Sánchez

o   A Fundación Ignacio Larramendi ten na súa biblioteca virtual de polígrafos españois un apartado dedicado a Francisco Sánchez, filósofo e médico nado en Tui en 1550. Foi o autor de "Quod nihil scitur", obra de referencia no ámbito da filosofía. É un dos tudenses máis destacados da historia.

-          Fotografías Antigas de Tui, páxina en Facebook

-          Tudensia, blog sobre a historia de Tui

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones