Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O pavillón municipal do Rosal loce o seu novo pavimento

O Concello acaba de rematar uns traballos de renovación que -permiten empregar o espazo para practicar deporte de xeito intensivo e seguro-

O Concello acaba de rematar uns traballos de renovación que -permiten empregar o espazo para practicar deporte de xeito intensivo e seguro-

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Agosto de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

O Concello do Rosal acaba de finalizar as obras de renovación do pavillón municipal, uns traballos de mellora das instalacións que “permiten empregar o espazo para practicar deporte de xeito intensivo e seguro, diminuíndo o risco de lesións dos e das xogadoras en adestramentos e competicións”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández. “Debido ao grande uso do pavillón o pavimento atopábase deteriorado e non ofrecía as condicións óptimas de amortiguación para o uso deportivo de alta intensidade practicado na actualidade”, explica, engadindo ademais, que a mellora “permítenos seguir promovendo o deporte cunhas instalacións axeitadas e prestar á veciñanza un servizo de calidade”.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, o secretario xeral de Deporte, José Ramón Lete, o concelleiro de Deportes, Germán Fernández, e xogadores do Acanor Valinox comprobaron hoxe os resultados da intervención cun recorrido polo pavillón. O novo pavimento é froito dun convenio de colaboración entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para unha mellora nas dotacións de infraestruturas municipais que esixe a práctica deportiva, dando así resposta á crecente demanda social e preparando as instalacións para as esixencias deportivas actuais.

O adestrador de base do Acanor, César Armán, destaca a obra como “unha mellora moi importante para a prevención de lesións e a mellora do rendemento na competición”. O xogador do equipo masculino, Iago Flores, engade ademais que o novo pavimento “nótase moito nos impactos. Agora non estamos tan cargados e podemos alongar máis o traballo”. Ambos coinciden que as novas instalacións teñen que “axudarnos a facer un ano aínda mellor que o anterior, cousa difícil, pero para a que non deixamos de traballar”.

A mellora consistiu no levantamento do pavimento anterior e a colocación dun aeroelástico con acabado de madeira composto por unha estrutura inferior sobre unha lámina de polietileno de galga estendida previamente sobre a soleira para evitar a penetración da humidade. Enriba sitúase unha estrutura de listóns de madeira e por riba unha lámina e as pranchas encargadas de recibir a carga e redistribuíla cara a estrutura aerolástica. Por último recolocouse o pavimento de PVC retirado.

Os traballos de mellora supuxeron un investimento total de máis de 48.000 euros financiados ao 80% pola Secretaría Xeral do Deporte e o 20% restante con fondos propios do Concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí