Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O peixe espada, gran protagonista na Guarda durante esta fin de semana

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, foi o encargado de dar a benvida ó acto de inauguración

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, foi o encargado de dar a benvida ó acto de inauguración

Fecha: 29 de Julio de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O porto da Guarda acolle durante esta fin de semana a tradicional Festa do Peixe Espada, organizada pola Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU) en colaboración co Concello da Guarda. A celebración arrancou onte, pasadas as 20 horas, co pregón inaugural a cargo das campionas de Liga do Clube de Balonmán Mecalia Atlético Guardés.

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, foi o encargado de dar a benvida ó acto de inauguración, dedicando un merecido recoñecemento á labor realizada polos organizadores, grazas aos cales esta décimo cuarta edición da festa gastronómica é posible.

Un pregón de campionas
O equipo guardés, que ven de firmar un acordo de patrocinio con ORPAGU, aproveitou a ocasión para amosar o seu novo equipamento, no que se inclue o logotipo coa silueta do peixe espada, representativo da organización. Xa lucindo a nova camiseta, a capitana do Atlético Guardés, Estela Doiro, tomou a palabra agradecendo o apoio tanto dos afeccionados como dos patrocinadores, para pasar a eloxiar as virtudes nutricionais do peixe protagonista da festa e animar á inclusión deste alimento nas nosas dietas.

Tras o pregón, a xerente da Organización de Palangreiros Guardeses, Juana Parada, fixo entrega dos premios ás gañadoras do II Concurso de Relatos "Homes de Mulleres do mar", para a mosense de 12 anos, María Calvar; e o Concurso de Carteis "Festa do Peixe Espada", que foi para Mikaela Rodríguez, de 10 anos de idade e alumna do Colexio Padres Somascos da Guarda. A organización tamén quixo agasallar, facendo entrega dunha figura conmemorativa da festa elaborada polos alumnos co Centro San Xerome Emiliani, ás pregoeiras do Atlético Guardés e ó Concello da Guarda, como agradecemento a súa colaboración.

 


Programación deportiva e lúdica
O acto rematou coa presentación do II Campionato Galego Inclusivo de Náutico Adaptado, organizado polo Clube Náutico Sen Amarras, que se celebrou esta mañá no porto da Guarda. A charanga Cantos Somos animou aos primeiros comensais da festa, para dar paso ó concertos "Tributos Pop&Rock" ofrecido pola Agrupación Musical da Guarda, pasadas as 22.00 horas, no exterior da carpa.

A entrega dos premios da competición celebrarase esta tarde, ás 20.00 horas, na carpa do porto, tras as actuacións do Coro Fuscalheiro (de 15.00 a 17.00 horas) e o Grupo de Acordeóns Mascarelhas (a partir das 19.00 horas). Este último volverá amenizar esta xornada gastronómica tras a entrega dos premios e, xa ás 23.00 horas, a música tradicional cederá o espazo á electrónica, da man do DJ Diego Wass.

Mañá domingo as actuacións musicais comezarán as 15.00 horas, co Grupo de baile e gaitas Do Lusco ó Fusco e, chegadas as 19.00 horas, a música tradicional galega volverá coa actuación do grupo de gaitas A Boalleira.

Amais destas, a festa conta con mercado artesanal durante todo o día e outras actividades dirixidas aos máis pequenos, como inchables, pintacaras e obradoiros entre as 15.00 e as 21.00 horas. O domingo engádense as actividades acuáticas organizadas polo Clube Alagua, que ofertará clases de vela para os cativos.

Variada oferta gastronómica e lúdica
Os establecementos hosteleiros participantes nesta XIV edición da festa (Xantar, Cangrexal, O Roxo e Xeito) ofertan un total de 16 preparacións distintas do peixe espada, entre pratos e tapas cuxos prezos non superan os 8 euros. Así, os visitantes poderán degustar ata mañá o tradicional prato de espada á prancha con cachelos ou noutras variedades como guisado, en salpicón, en empanada ou empanadillas, croquetas, en zorza, en tostas, en escabeche, ao peregrino; fideuá, tortilla ou quiche con peixe espada, e bocadiños de espada con salsa alioli. A oferta gastronómica complétase cos postres da Confitería Estévez e o posto de productos gourmet en conserva de ORPAGU.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones