Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O persoal de IKF cumpre 20 xornadas de folga contra a precarización mentres a empresa segue negándose a negociar

O grupo francés esixe a desconvocatoria dos paros para sentarse coa representación dos traballadores/as

O grupo francés esixe a desconvocatoria dos paros para sentarse coa representación dos traballadores/as

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Septiembre de 2021

Fuente: CIG

O cadro de persoal de Imerys Kiln Furniture (IKF), empresa dedicada á fabricación de materiais
refractarios con sede na Guarda, cumpre hoxe 20 xornadas de folga contra as pretensións da compañía
francesa de precarizar as condicións laborais mantendo a dobre escala salarial e impoñendo a
liberalización horaria. A dirección négase a negociar mentres non se desconvoquen os paros a pesar dos
intentos de mediación do AGA.
A folga indefinida iniciada a mediados de xullo para rexeitar a dobre escala salarial que a empresa quere
prolongar no tempo, a liberalización dos horarios, a maior flexibilización da xornada e o cambio no
goce das vacacións que pretende impor a compañía suspendérase en agosto polo comezo do período
vacacional. Como nese tempo non se chegou a un acordo, os traballadores/as optaron por retomar os
paros, que agora se desenvolven todos os martes, mércores e xoves, en principio até o vindeiro 30 de
setembro (a excepción do xoves 23, que é festivo local).
Nas máis de dúas semanas que o persoal estivo de folga o seguimento foi total, provocando un
achegamento por parte da empresa, que amosou disposición a sentar negociar parte das demandas
sociais: flexibilización da xornada anual, modificación da distribución histórica das vacacións, pago do
traballo en fins de semana e festivos ou determinados complementos salariais.
Os paros están a ter tamén un seguimento practicamente total, xa que a semana pasada unicamente
entrou a traballar un empregado de produción. E este sumóuselle agora o único delegado de CCOO no
comité (4 representantes da CIG e 1 do sindicato estatal). Polo que só dúas persoas das 60 que integran
o departamento de fabricación non secundan a folga.
En consecuencia, a compañía manobrou para intentar minimizar o seu impacto, establecendo
servizos mínimos non co obxectivo de realizar labores de mantemento senón para poñer en marcha
o forno coa finalidade de comezar a traballar de inmediato no caso de que o paro sexa
desconvocado. Diante disto, a representación do cadro de persoal procedeu a impugnar os servizos
mínimos.
Dende a CIG-Construción denuncian que a dirección négase a negociar a pesar dos intentos de
mediación do AGA e esixe a desconvocatoria dos paros para sentarse. A parte social está disposta a
suspender a folga mentres se producen as conversas, pero non a desconvocala. “A empresa está a
botarnos un pulso, porque nos estamos a xogar os dereitos laborais conquistados durante 30 anos
mediante a negociación colectiva; se gañan estenderán a precariedade, porque o que queren son
salarios máis baixos e liberalizar xornada e horarios; queren ter á xente á súa disposición os sete
días da semana”, advirten.
Lembran que a compañía estivo en ERTE en varias ocasións o ano pasado polos efectos da covid,
“polo que a Administración debera tomar cartas no asunto e esixirlles que se senten a negociar”, ao
tempo que sinalan que tamén debera ter en conta que a dobre escala salarial que a empresa pretende
prolongar no tempo e a liberalización horaria que quere impoñer atentan contra a lei de igualdade e
contra o dereito de conciliación da vida familiar e laboral.
Diferenzas salariais de até 5200 euros ao ano
Cómpre lembrar que, por mor do pacto asinado coa empresa polo anterior comité en 2018, as persoas
que se incorporan a IKF dende ese ano ingresan entre un 25 e un 30% menos de soldo que os seus
compañeiros/as da mesma categoría laboral, o que supón uns 5200 euros menos ao ano. Unha dobre
escala salarial que a empresa pretende prolongar durante oito anos máis.
Xunto a isto, IKF quere que o 10% de distribución irregular da xornada permitido por lei sexa
obrigatoria para todo persoal de luns a sábado, tanta de mañá como de tarde, o que se traduciría na
liberalización dos horarios a dispor da empresa. Ademais, quere introducir cambios no goce das
vacacións, que historicamente se viñan collendo no mes de agosto, e agora pretende que o persoal colla
15 días de vacacións en agosto e os outros 15 estean a disposición da empresa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí