Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O pleno da Deputación aproba a transferencia ao Concello do Rosal dun tramo antigo de estrada provincial como viario urbano municipal

A transferencia é froito do convenio asinado entre a institución provincial e o concello para a mellora da mobilidade peonil na EP 3302, cun orzamento de 141.655,01 ?

A transferencia é froito do convenio asinado entre a institución provincial e o concello para a mellora da mobilidade peonil na EP 3302, cun orzamento de 141.655,01 ?

Fecha: 25 de Abril de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

O Pleno da Deputación de Pontevedra, celebrado por primeira vez de xeito telemático este venres, vén de aprobar a transferencia dun tramo de estrada provincial do Rosal para convertela en viario urbano municipal. Esta transferencia intégrase no convenio asinado entre a institución provincial e o concello do Baixo Miño para a mellora da mobilidade peonil nun tramo da estrada provincial EP 3302, na que se están a investir 142.655,01 €.

A través desta transferencia a Deputación de Pontevedra cede ao concello do Rosal un tramo antigo da vía que, polas súas características funcionais actuais e tamén de utilidade, é asimilable ao viario municipal de tipo urbano. De feito, na actualidade, a vía non forma parte do itinerario principal da estrada provincial e unicamente dá acceso aos predios colindantes, polo que mediante a cesión o concello poderá garantir de xeito óptimo o seu mantemento e control de ocupación do dominio público.

A transferencia desta parte antiga da vía provincial inclúese no convenio asinado entre a Deputación e o concello do Baixo Miño para a mellora dun tramo de aproximadamente 575 metros da estrada provincial EP3302. Mediante este convenio, cun orzamento de 142.655,01 euros e en execución na actualidade, estase a acondicionar a estrada cunha senda peonil, beiravía entre a senda e a calzada, pasos de peóns sobreelevados e redutores físicos de velocidade. Deste xeito, a actuación persegue as liñas de mobilidade que está a estender a Deputación de Pontevedra por toda a xeografía provincial, delimitando a circulación do tráfico rodado e peonil e impulsando a seguranza viaria, dispoñendo de espazos seguros para os colectivos máis vulnerables.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí