Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP critica que o PSOE e o BNG non votasen a favor da devolución do IVE que o Goberno Central lle debe a Tomiño

O PSOE votou en contra desta moción e o BNG abstívose

Os Tomiñeses percibirían 1.800.000 ? da deveda do Goberno Central con Galicia.

Fecha: 04 de Marzo de 2020

Fuente: PP de Tomiño

O PP de Tomiño presentou unha moción no último pleno celebrado o 27 de febreiro, unha moción na que insta ao Goberno Central a devolverlle a Galicia 370 millóns de euros, incluídos os 200 millóns do IVE, "mentres os socialistas galegos e tamén os desta provincia calan cun silencio cómplice". Destes cartos, a Tomiño corresponderíanlle máis de 1,8 millóns de euros, cartos que está deixando de recibir para seguir mellorando a sanidade, a educación ou os servizos sociais municipais, e que tanto Psoe como o goberno do Bng renunciaron a esta reclamación.

O texto presentado polos populares é semellante a mocións aprobadas por unanimidade en moitos concellos galegos e da provincia, así como nas Deputacións de A Coruña e Lugo, de modo que o PP agardaba recibir o apoio do resto dos grupos para pedir a devolución destas cantidades. Un dos acordos que inclúe o texto é apoiar as reivindicacións e as medidas emprendidas pola Xunta, medidas que están tomando tamén comunidades gobernadas polo Partido Socialista e outras formacións. É de recalcar a falta de responsabilidade do BNg cando no Parlamento Galego votou a favor e no Congreso dos Deputados votou en contra para ter que xustificar o apoio a investidura de Sanchez.

O voceiro do PP de Tomiño, Esteban González Miranda, ten claro que cos votos en contra do PSOE e abstención do BNG "estes partidos amosan unha vez máis que non se preocupan polos intereses das veciñas e veciños de Tomiño, o único que lle interesa ao PSOE e o BNG son as súas siglas e non o seu concello, como demostran renunciando a recaudación que nos corresponde a todolos Tomiñeses".

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones