Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O PP de A Guarda denuncia a falta de apoyo do grupo de goberno socialista no I Festival solidario Interlude Fest

Dende o PP de A Guarda denunciamos esta situación.

Roberto Carrero, xunto a Porta do Socorro do Castelo de Sta. Cruz de A Guarda, amosa a deixadez e o estado lamentable de acceso ao castelo no que se celebrou o I Festival solidario Interlude Fest de A Guarda

Fecha: 05 de Julio de 2018

Fuente: PP de A Guarda

Roberto Carrero, presidente do PP de A Guarda, mantivo esta semana reunións con varias persoas que colaboraron e axudaron a organizar o I Festival solidario Interlude Fest de A Guarda, na que lle trasladaron a súa decepción e tristura pola falta de implicación do goberno socialista na organización do I Festival Interlude Fest da vila.

A iniciativa do festival partiu da asociación Rock´n´Rolla de A Guarda, presentando a súa solicitude co preceptivo proxecto para realizar o evento en xaneiro do presente ano aportando unha lista pormenorizada das actuacións e necesidades para ó mesmo: utilización do Castelo de Sta. Cruz, baños internos, escenario de 100m2, operarios para a montaxe do escenario, vallas para delimitación de zonas, etc., atopáronse, despois de múltiples excusas por parte do grupo de goberno, cun ridículo escenario de 30 m2 pois, segundo a concelleira de cultura, Dona Elena Baz, o evento non ía ter a relevancia nin a evergadura suficiente.

Asemade, foron os promotores do festival, xunto con varios colaboradores, quen, unas horas antes do incio do festival, tiveron que desbrozar e limpar a lume de carozo a zona interior na que se ía celebrar o festival. Outros dos descalabros sufridos polos organizadores do festival foi o peche dos baños interiores do Castelo de Sta. Cruz, dado que operario do concello terminaba a súa xornada, tivendo que contemplar os asistentes a imaxen nada edificante de xente facendo as súas necesidades nos lenzos das murallas do castelo ou en recunchos agochados, así como a nula aportación económica para o evento por parte do concello, etc.

Estas persoas que colaboraron e axudaron a organizar o I Festival solidario Interlude Fest de A Guarda queixáronse ante o Partido Poular de A Guarda da nefasta xestión que realizou a concelleira de cultura, Dona Elena Baz, así como da despreocupación e falta de interés do alcalde, Don Antonio Lomba, xunto ca do seu grupo de goberno (entre o que se encontra unha deputada provincial), trasladándolle toda a xestión a concelleira de cultura, e non sabendo esta asumir a organización administrativa do acto.

Dende o PP de A Guarda denunciamos esta situación. En palabras do presidente local, Roberto Carrero: "os que asistimos ao I Interlude Fest solidario no Castelo de Sta. Cruz atopámonos cuns accesos en estado selvático e, segundo transmítenme os organizadores, o grupo de goberno socialista non se preocupou nin de limpar a maleza nos arredores e entradas ao castelo; por outra banda, os servizos interiores estaban pechados pois o operario municipal marchouse, negándose a entregar chaves aos organizadores posto que non tiña ordes do Concello; os asistentes ao evento realizaban as súas necesidades na muralla, en sitios escondidos ou onde cadraba... foi un espectáculo lamentable froito, estimamos, da falta de colaboración e abandono do Concello".

Carrero engade: "nada se pode reprochar aos organizadores do evento quen, cunha coraxe tremenda, e con escasos recursos, realizaron un acto lúdico-cultural máis que digno, orientado a pequenos e maiores, e onde guardeses e foráneos gozamos dun día de lecer diferente e atractivo. Unhas 2.000 persoas mínimo pasaron polo evento durante o día. Por unha banda, sinto pena pola imaxe de abandono que presentaban os arredores e entradas do Castelo de Sta. Cruz, reflexo da xestión e proxecto que o grupo de goberno socialista ten para A Guarda; por outra banda, tampouco podo deixar de lamentar profundamente, tal como así me transmitiu a asociación Rock´n´Rolla de A Guarda, a falta de apoio do grupo de goberno do Concello. É obriga dos dirixentes políticos non só apoiar calquera iniciativa que impulse a acción popular dun pobo, senón tamén fomentar todas as actividades que sexan beneficiosas para a cidadanía. Por desgraza, e ao noso entender, o grupo de goberno socialista está a mirar cara a outro lado.

Estamos fartos de oír: A Guarda está morta... A Guarda non está morta, está a matala o grupo de goberno coa súa nefasta xestión.
Como di o Cantar de Mío Cid: que buen vasallo sería, si tuviese buen señor"

Desde a formación política do Partido Popular da Guarda queremos expresar todo o noso apoio incondicional á asociación Rock´n´Rolla de A Guarda e os diferentes colectivos implicados polo seu traballo solidario no I Interlude Fest, facendo extensivo ese mesmo apoio a calquera iniciativa que sexa beneficiosa para A Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí