Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tomiño critica a inestabilidade interna, dimisións de concelleiros e descontrol do actual goberno municipal do BNG

Aínda perdendo dous concelleiros aumentaron a partida salarial mais de 32.000 euros

Aínda perdendo dous concelleiros aumentaron a partida salarial mais de 32.000 euros

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Agosto de 2023

Fuente: PP de Tomiño

O pasado 28 de maio o BNG de Tomiño tivo os peores resultados electorais dos últimos 12 anos, perdendo dous concelleiros dos 11 que tiña, quedando así con 9 e cunha maioría absoluta xusta. Esta circunstancia non impediu que este goberno presidido por Sandra González, engadira mais adicacións das que tiñan antes, unha mais, ampliando o presuposto en case 33.000 euros (sen contar o coste da Seguridade Social) asignados ó concelleiro Uxío Benítez, que ademáis desfruta dunha adicación parcial e non exclusiva. “Un auténtico despropósito e unha clara evidencia de que para eles só priman os intereses económicos dalgúns concelleiros e non os intereses económicos do Concello. Ademais, se este concelleiro xa non ten a posibilidade de ser deputado na Deputación de Pontevedra, ese non é un problema dos tomiñeses, o lóxico sería que repartirán os salarios entre eles, ou incluso que os reducirán, tanto as adicacións como os salarios, xa que agora son menos concelleiros e polo tanto menos gastos ” – según indica a portavoz popular Lara Meneses.
Por outra banda, según sae publicado no BOP do luns 31/07, incorpórase como persoal de confianza da Alcaldesa, Sofía Areal, número 14 da candidatura do BNG, que aínda sen ter rematados os seus estudos, asume o posto, supostamente, de secretaria da Alcaldesa, cunha retribución de case 24000 € e adicación exclusiva. Os populares califican de “enchufismo” estes feitos, e indican que “poñer nese posto a unha persoa sen experiencia laboral, sen experiencia política e sobre todo a unha persoa que non saíu electa o pasado 28 de maio pero á que agora se lle asigna un posto de traballo a dedicación exclusiva, parecenos unha auténtica cacicada, das que eles tanto critican.”
Ademais, os populares resaltan a inestabilidade dun goberno no que xa comezaron a dimitir os concelleiros cando non fai nin un mes e medio da investidura. Dimite a concelleira representante de parroquia de Sobrada, Ana Fernández, e incorpórase o exconcelleiro Agustín González, que xa fora elixido na anterior lexislatura concelleiro pola renuncia de Ismael Troncoso. Meneses apunta que “seguen sen sentirse cómodos co equipo que teñen, sen entenderse entre eles e con liortas internas que veñen arrastando dende fai xa moitos meses, este é o principio do fin dun goberno ó que se lle viñan notando os síntomas de desgaste desde fai moito tempo”.
Os populares piden mais seriedade, mais transparencia e mais respeto os veciños e veciñas de Tomiño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí