Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tomiño critica a -mala xestión- do goberno local no financiamento do espazo Isaura Gómez

Por renunciar a unha axuda da Xunta de 250.000 euros e pedirlla de novo varios meses despois

Por renunciar a unha axuda da Xunta de 250.000 euros e pedirlla de novo varios meses despois

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Diciembre de 2023

Fuente: PP de Tomiño

-Os populares respaldaron a moción do BNG, “xa que sempre apoiaremos que veñan investimentos para Tomiño, pero neste asunto preferiron facer política aínda que prexudicara aos veciños e agora recuan porque precisan eses cartos”

-O PP cre que a solicitude “posiblemente chegue tarde”, xa que a Xunta case seguro que reinvestíu eses cartos noutro concello e xa aprobou os Orzamentos 2024 sen fondos para o novo centro cultural, “algo normal despois de que desprezaran esa cantidade”

-Lembran que o Bloque “queimou todas as pontes e rompeu toda a lealdade institucional co vergoñento cartel da obra” no que se explicitaba que a Xunta poñía 0 euros “malia que iso non o fai ningún Concello, nin o propio Tomiño, e que se ofreceu o mesmo diñeiro que a Mos”

O grupo municipal do PP de Tomiño vén de criticar a “mala xestión” do goberno local no financiamento do Espazo Isaura Gómez, xa que no seu momento renunciou a unha axuda da Xunta de Galicia de 250.000 euros para colaborar na súa construción e agora, meses despois, trata de pedirlla de novo “no que supón unha autorectificación absoluta á súa propia soberbia”.

“A frase da alcaldesa foi contundente, diante de cargos da Xunta e con testemuñas, que ela non poñía o logo da Xunta nesa obra que considera tan importante por esa cantidade”, revelaron desde a formación popular.

En todo caso, o PP respaldou a moción presentada ante o pleno polo BNG, “xa que sempre apoiaremos que veñan investimentos para Tomiño, non como o Bloque, que fai sectarismo e vai elixindo simplemente segundo a cor política das administracións”, pero criticou que os nacionalistas rexeitaran a axuda inicial da Xunta “porque preferiron facer política ás portas das eleccións municipais e amosaron unha actitude caprichosa aínda que prexudicara aos veciños, xa que agora disporían de 250.000 euros máis para outros investimentos máis que necesarios”.

Os populares, a través da súa voceira, Lara Meneses, afirman que a proposta do BNG para solicitarlle, agora si, fondos ao Goberno galego para o Espazo Isaura Gómez demostra que “recuan por completo e enméndanse a si mesmos porque precisan eses cartos ou ben porque agora lles interesa facer política anti-Xunta ás portas das autonómicas, demostrando unha vez máis que poñen as súas siglas por diante de Tomiño, que é algo que fan sempre”.

O PP cre, en todo caso, que a moción aprobada e a conseguinte solicitude de 250.000 euros de axuda á Xunta para este centro cultural “posiblemente chegue moi tarde”, xa que indicaron que o normal é que o Goberno galego, despois do rexeitamento de Tomiño, reinvestira eses cartos noutro concello e ademais os Orzamentos Autonómicos 2024 acaban de ser aprobados sen fondos para este espazo, “algo normal despois de que desprezaran esta oferta”.

Ademais, o PP sostén que o goberno nacionalista de Tomiño “queimou todas as pontes e rompeu toda a lealdade institucional” coa Xunta neste asunto tras “colgar un cartel vergoñento poñendo que investía 0 euros, que é algo que non fixo ningún concello de toda Galicia, e nin sequera o propio de Tomiño, noutras obras nas que non colaboraron outras administracións”. “Desexámoslle sorte na súa petición e conta co noso apoio, pero cremos que, pola súa mala xestión e por estes motivos, ten moi poucos visos de éxito pola única responsabilidade do goberno local”, detallaron.

Finalmente, lembraron que, neste caso, non se poden queixar de discriminación política de ningún caso por parte da Xunta, xa que, como eles mesmos recollen na súa moción, os 250.000 euros foron a mesma cantidade ofrecida ao Concello de Mos para unha actuación de similares características.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí