Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tomiño critica as -excusas- do goberno local para rexeitar o plan de axudas ao comercio e acúsao de baleirar o centro urbano

Os populares amosan o seu asombro de que a alcaldesa asegurara que -poderían votar a favor da moción pero ían votar en contra- e sosteñen que as súas políticas de escaso apoio ao comercio e falla de aparcamentos están deixando sen clientes aos estableceme

Os populares amosan o seu asombro de que a alcaldesa asegurara que -poderían votar a favor da moción pero ían votar en contra- e sosteñen que as súas políticas de escaso apoio ao comercio e falla de aparcamentos están deixando sen clientes aos estableceme

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Octubre de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

-Os populares amosan o seu asombro de que a alcaldesa asegurara que “poderían votar a favor da moción pero ían votar en contra” e sosteñen que as súas políticas de escaso apoio ao comercio e falla de aparcamentos están deixando sen clientes aos establecementos.

-Lara Meneses propuxo implantar unha medida similar ao exitoso Bono Comercio da Xunta cunha cifra proporcional, fixada nuns razoables 12.000 euros, “pero o goberno pechouse en banda e limitouse a fachendar do Mercado Excelente deixando de lado ao resto do sector”

-A voceira sacoulle as cores ao executivo ao amosar que parte da programación municipal para as vindeiras semanas celébrase en Vilanova de Cerveira, “polo que segue se haber atractivos para que a xente acuda ao centro da nosa vila, que é onde está o comercio”

O grupo municipal do PP de Tomiño vén de criticar as “excusas” do goberno local para rexeitar a súa moción na que propoñían un completo plan de axudas, apoio, eventos e actividades para colaborar co comercio local e acusou ao executivo de Sandra González de baleirar o centro urbano e cercenar a cifra de clientes dos establecementos da vila.

Os populares sosteñen que Tomiño padece “un goberno orgulloso, que non admite os seus erros nin acepta as propostas dos demais aínda que sexan boas” e amosaron o seu asombro ante a afirmación da alcaldesa, no propio pleno celebrado no serán de onte, de que que “poderían votar a favor da moción pero ían votar en contra”.

A voceira municipal, Lara Meneses, que sostivo na sesión que as políticas de escaso apoio a este sector e a falla de aparcamentos están deixando sen clientes aos comercios da vila, propuxo tamén, no marco desta moción, implantar unha medida similar ao exitoso Bono Comercio da Xunta.

Neste senso, indicou que se podería emprender esta mesma campaña, cunha cifra proporcional á do Goberno galego, que no caso de Tomiño fixaríase nuns razoables 12.000 euros, “pero o goberno local pechouse en banda e limitouse a fachendar do Mercado Excelente deixando de lado ao resto do sector”. “A súa política é o Mercado de excelencia e o comercio en decadencia”, apostillou Meneses.

A voceira tamén criticou que a outra xustificación do goberno nacionalista fora anunciar a suposta concesión de 500.000 euros para dixitalización do comercio con fondos europeos, “xa que esa iniciativa pode estar moi ben, pero se os negocios non teñen xente non vale de nada que teñan a mellor das tecnoloxías”.

Meneses tamén sacou as cores ao executivo en plena sesión na súa defensa de organizar actividades culturais e eventos no centro de Tomiño, xa que abríu a axenda cultural municipal e, para as vindeiras semanas, hai escasas iniciativas e, entre as mesmas, ata dous actos en Vilanova de Cerveira, “polo que seguen actuando ao outro lado da fronteira e seguen esquecendo a xeración de atractivos para que a xente acuda ao centro da nosa vila, que é onde está o comercio”.

A voceira, que incidiu en que o mal estado dos aparcamentos e seu deterioro coas choivas tamén inflúen na diminución de público, ironizou sobre a defensa que fixo o goberno local do seu apoio ao comercio: “Neste ámbito o Bloque caracterízase por non ter unha mala palabra nin facer unha boa acción”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí