Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tomiño critica que os orzamentos presentados po-lo bng seguen sen recoller as necesidades das parroquias do concello

As partidas que máis crecen son as de persoal, incluíndo os 169 mil euros destinados a soldos do goberno.

As partidas que máis crecen son as de persoal, incluíndo os 169 mil euros destinados a soldos do goberno.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Enero de 2021

Fuente: PP de Tomiño

O Partido Popular de Tomiño votou en contra dos orzamentos de 2021 porque son “un mero documento de funcionamento para o concello, continuísta e que non recolle as necesidades que teñen as parroquias, que seguen abandonadas polo BNG”.

Para o voceiro do grupo municipal do PP, Esteban González, o máis chamativo é que o capítulo de investimentos reais que repercuten no beneficio dos veciños de Tomiño só representa o 4% do orzamento. Mentres que, engade, o 87% está destinado a persoal e gastos correntes, “destacando os 169 mil euros que destinan a soldos do goberno”.

Ademais, cuestiona que o Goberno local aposte pola creación de dúas prazas na modificación da RPT, técnico de xestión e de medio ambiente, “algo que a priori non resulta tan urxente, se temos en conta a situación da Policía Local de Tomiño que, por falta de recursos, non se pode garantir un servizo diario”. Isto, engade o popular, “demostra que a falta de policía local non é unha prioridade para este Goberno, que fai caso omiso ás denuncias e reclamacións para garantir a seguridade cidadá”.

Para González, o capítulo de investimentos deixa plasmado, unha vez máis, o abandonando das distintas parroquias. “Queda máis que demostrada. Dos 295.000 euros que reservan, gran parte vai destinado a gastos de mobiliario dos distintos departamentos”. O mesmo ocorre co apoio ao comercio local, engade, para o que se reduce a partida de 25.000 hai uns anos, a 5000 euros “no momento que máis apoio precisan”. Para o voceiro popular, “deixan ben claro que non apostan polo pequeno comercio nin contan coa súa opinión”, e como exemplo critican que gastasen 5.000 euros nun vídeo para o día de Reis mentres que para o concurso de mellor decoración do comercio local só se destinaron 3.000 euros. “Algo bochornoso”.

No que respecta a servizos sociais, Esteban González entende que “é moi doado presumir do aumento no investimento en servizos sociais e na axuda do fogar, cando a Xunta de Galicia achega 416 mil euros para dependencia”. E recorda que o goberno central segue destinando só o 24%, cando ten a obriga de pagar o 50%.

Para o popular, outro dato que reflicte “o retroceso e regresión” na que se atopa este Goberno é que tampouco é capaz de priorizar e ofrecer investimentos encamiñados a resolver “un dos graves problemas que teñen moitos fogares, que seguen sen saneamento”. Recorda que é unha competencia municipal para a que só destinan 30.000 euros.

Por último, Esteban González, critica que se descoñece en que vai investir o Goberno local o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. “A decisión de onde investir ese fondo é exclusivamente do goberno local, que nos últimos anos optou por elixir obras de foto cara a galería”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí