Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP de Tomiño critica que os orzamentos presentados polo BNG abandonan un ano máis as parroquias do concello

As partidas que máis crecen son as de persoal, incluíndo os 230 mil euros destinados a soldos do goberno.

As partidas que máis crecen son as de persoal, incluíndo os 230 mil euros destinados a soldos do goberno.

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Enero de 2022

Fuente: PP de Tomiño

O Partido Popular de Tomiño votou en contra dos orzamentos de 2022 porque son un ano máis “un mero documento de funcionamento para o concello, continuísta e que non recolle as necesidades que teñen as parroquias, que seguen abandonadas polo BNG”.

 

Para o voceiro do grupo municipal do PP, Esteban González, o máis chamativo é que o capítulo de investimentos reais que repercuten no beneficio dos veciños de Tomiño só representa o 4% do orzamento. Mentres que, engade, o 87% está destinado a persoal e gastos correntes, “destacando os 230 mil euros que destinan a soldos do goberno”. Inaceptable se temos en conta que a recaudación aumenta en 422 mil euros e o anexo de inversións só 65.000.

 

Ademais, cuestiona que o Goberno local apostase pola creación de dúas prazas na modificación da RPT, técnico de xestión e técnico de medio ambiente, “algo que a priori, como denunciabamos hai un ano, non resulta tan urxente, se temos en conta a situación da Policía Local de Tomiño, demostrando que a falta de policía local non é unha prioridade para este Goberno, que fai caso omiso ás denuncias e reclamacións para garantir a seguridade cidadá”.

 

Para González, o capítulo de investimentos deixa plasmado, unha vez máis, o abandonando das distintas parroquias. “Queda máis que demostrada. Dos 360.000 euros que reservan, gran parte vai destinado a gastos dos distintos departamentos e pagos de proxectos”. O mesmo ocorre co apoio ao comercio local, engade, para o que só se destinan  5000 euros “no momento que máis apoio precisan”. Para o voceiro popular, “deixan ben claro que non apostan polo pequeno comercio nin contan coa súa opinión, cando hai escasos cinco anos se lle destinaba 25.000 euros”.

 

No que respecta a servizos sociais, Esteban González entende que “é moi doado presumir do aumento no investimento en servizos sociais e na axuda do fogar, cando a Xunta de Galicia achega 488 mil euros para dependencia, 73.000 euros máis que o ano anterior”. E recorda que o goberno central segue destinando só o 24%, cando ten a obriga de pagar o 50%.

 

Para o popular, outro dato que reflicte “o retroceso e regresión” na que se atopa este Goberno é que tampouco é capaz de priorizar e ofrecer investimentos encamiñados a resolver “un dos graves problemas que teñen moitos fogares, que seguen sen saneamento”. Recorda que é unha competencia municipal para a que só destinan 30.000 euros, e que deixan ben claro que non pretenden solucionar os graves problemas de entrada masiva de augas brancas nos distintos colectores da rede de saneamento municipal, e que saturan a EDAR.

 

Por último, Esteban González, esixe ao goberno do BNG que priorice os investimentos do Plan Concellos no que realmente é urxente e que se descoñece en que van a investir a día de hoxe; recordando unha vez máis que “A decisión de onde investir o Plan Concellos é exclusivamente do goberno local, que nos últimos anos optou por elixir obras de foto cara a galería”.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí