Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tomiño cualifica de inaceptable que a Alcaldesa minta en sesión plenaria sobre o consultorio de Goián

Os populares consideran que é ilóxico que PSOE e BNG esixan que se cubran as prazas vacantes de médicos e voten en contra de solicitar ao Goberno de España que facilite a súa cobertura

Os populares consideran que é ilóxico que PSOE e BNG esixan que se cubran as prazas vacantes de médicos e voten en contra de solicitar ao Goberno de España que facilite a súa cobertura

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Noviembre de 2021

Fuente: PP de Tomiño

O voceiro do PP de Tomiño, Esteban González Miranda, cualificou de “inaceptable” que a alcaldesa Sandra González mentira no pleno do 19 de outubro, cando se debatía a moción presentada polo Partido Popular para instar ao goberno municipal a buscar unha nova ubicación ao consultorio de Goián.

 

Na devandita sesión plenarnia, o BNG argumentaba que non consideraba necesario o cambio de ubicación, sobre todo porque non tiña coñecemento de ningún informe negativo por parte do Sergas que o avalase e que agardaban a comunicación da unidade técnica que visitou o consultorio actual dias antes do pleno. “Días despois enterámonos de que a señora alcaldesa, Sandra González, era coñecedora do informe desfavorable da unidade técnica na mesma mañá do martes 19, mentindo a toda corporación na sesión plenaria”, informou o voceiro.

 

Esteban González, tilda de inaceptable que ocultasen tal información co único fin de non votar a favor da moción presentada polo PP de Tomiño e que si apoiou o PSOE tomiñés, e así evitar cambiar de ubicación o consultorio de Goián. “Con esta actitude demostran que o BNG está encantado de que non se reabra o consultorio para así seguir utilizando a sanidade con demagoxia e seguir enganando aos veciños coa única finalidade de atacar a Xunta de Galicia”, explicou o voceiro dos populares.

 

Na mesma sesión plenaria o PP presentou outra moción para instar ao Goberno de España a facilitar a cobertura do persoal médico na atención primaria e eliminar a taxa de reposición. Esteban González lembra que os mesmos PSOE e BNG que pedían hai anos a supresión dos límites as taxas de reposición son os que as seguen mantendo. “O responsable de que non se permita unha convocatoria de prazas MIR para incorporar máis profesionais ao noso sistema sanitario e cubrir as prazas necesarias é o Goberno de España”, salientou o edil, lembrando que a Xunta convocou todas a prazas de persoal sanitario que lle permite o Goberno.

 

O voceiro popular cualifica de “ilóxico” que se esixa a cobertura das prazas vacantes e que BNG e PSOE voten en contra de solicitar ao Goberno Central a convocatoria de máis prazas de médicos. “Esta é a defensa de BNG e PSOE, utilizando a sanidade co único fin de atacar a Xunta de Galicia utilizando aos veciños”, concluíu González Miranda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí