Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tomiño esixe ao concello a reparación inmediata da tubaría de auga rota entre barro e hospital que causa importantes danos na estrada PO-344 cara Gondomar

Os populares revelan que esta canalización ten, desde hai meses, dúas fugas que provocan unha gran fochanca na estrada autonómica e advirten de que a Xunta non actuará ata que o Concello non arranxe esta rotura porque o problema se reproduciría nuns días

Os populares revelan que esta canalización ten, desde hai meses, dúas fugas que provocan unha gran fochanca na estrada autonómica e advirten de que a Xunta non actuará ata que o Concello non arranxe esta rotura porque o problema se reproduciría nuns días

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Marzo de 2024

Fuente: PP de Tomiño

-Os populares revelan que esta canalización ten, desde hai meses, dúas fugas que provocan unha gran fochanca na estrada autonómica e advirten de que a Xunta non actuará ata que o Concello non arranxe esta rotura porque o problema se reproduciría nuns días

-A voceira municipal, Lara Meneses, vai levar este asunto a pleno ante as reiteradas reclamacións e queixas de veciños e usuarios desta estrada e úrxelle ao goberno que actúe, de xeito directo ou a través de Augas do Louro, para favorecer a seguridade viaria

-O PP tamén trasladará á corporación outras cuestións en materia de infraestruturas, como a mellora da fose séptica de Currás, a apertura do camiño Carregal-Forcadela ou a adopción de solucións para o tráfico na praza de Figueiró

O grupo municipal do PP de Tomiño vai esixirlle ao Concello a reparación inmediata da tubaría de abastecemento de auga rota nas inmediacións de Barro e Hospital, á altura do cruce da escola, xa que está causando importantes danos na estrada autonómica PO-344 cara Gondomar.

A voceira popular, Lara Meneses, revelou que esta canalización de fundición de 400 milímetros e que subministra a Tomiño, O Rosal e A Guarda ten, desde hai bastantes meses, dúas importantes fugas de auga que verten sobre a estrada autonómica provocándolle danos e afectando á seguridade viaria.

A concelleira advertíu ademais que a Xunta de Galicia, como titular da vía, non ten previsto acometer a súa reparación ata que non se arranxe esta rotura, xa que o problema se reproduciría en poucos días.

Por elo, e ante reiteradas queixas dos veciños e dos usuarios desta estrada, Meneses vai levar este asunto a pleno para urxirlle ao goberno local a que actúe, ben de xeito directo, ben a través do Consorcio Augas do Louro. “Teñen que deixar de botar balóns fóra e abandonar a súa deixadez, porque son responsables desa canalización que está rota e xera unha gran fochanca na vía que non pode ser arranxada pola Xunta porque non serviría de nada se a tubaría non deixar de botar auga sobre a calzada”, detallou a voceira municipal.

Noutra orde de cousas, o PP de Tomiño tamén ten previsto trasladar outras peticións en materia de infraestruturas ao pleno municipal, “xa que hai moitas cousas por arranxar e chégannos moitas queixas dos veciños polo pasotismo do goberno nacionalista, así que imos cumprir coa nosa obriga de pedir incansablemente que se atendan as necesidades da xente”.

Así, os populares van reclamar tamén que se arranxe a situación da fosa séptica dos chalés de Currás, que está ao descubierto e sería preciso tapala para evitar risco de accidente nunha contorna pola que se moven varios nenos pola cercanía da parada de bus, e tamén van esixir a apertura definitiva do camiño entre Carregal e Forcadela.

Finalmente, o PP tamén vai reclamar solucións aos graves problemas de tráfico na praza de Figueiró con senllas propostas para que se busquen alternativas de circulación que eviten o paso de vehículos pesados e para que se instalen sistemas de regulación, preferentemente semáforos, que eviten os atascos na zona nos momentos de maior coincidencia de turismos e outros vehículos lixeiros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí