Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tomiño esixe explicacións ante o -grave atasco- das licenzas urbanísticas e pide datos dos expedientes

Os populares queren coñecer se o Concello recomenda a xestión a través de determinados estudos profesionais, o cal podería supoñer -un suposto caso de nepotismo-

Os populares queren coñecer se o Concello recomenda a xestión a través de determinados estudos profesionais, o cal podería supoñer -un suposto caso de nepotismo-

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Enero de 2023

Fuente: PP de Tomiño

O Partido Popular de Tomiño vai esixir ao goberno local que dea explicacións ante o "grave atasco e importantes retrasos" na concesión de licenzas urbanísticas no termo municipal. Pedirá, ademais, datos dos expedientes segundo os estudos de arquitectura co obxectivo de coñecer se se trata dun colapso xeral provocado pola "neglixente xestión" do executivo de Sandra González, ou se ben hai diferenzas "por cuestións anómalas".

Os populares, que xa denunciaron publicamente a semana pasada que a concesión de bastantes licenzas podía adiarse durante catro anos co correspondente perxuízo para a veciñanza, explicitarán nos vindeiros días a acción de fiscalización que van emprender sobre o labor do goberno sobre o urbanismo. Nestes intres están a barallar a posibilidade de plantexar unha solicitude de comparecencia da alcaldesa ante o pleno da corporación ou ben unha batería de preguntas plenarias sobre esta cuestión.

“Dende que nos chegaron as primeiras queixas veciñais polos importantísimos retrasos na xestión do Urbanismo local, o que xera importantes incomodidades aos cidadáns que queren construír ou rehabilitar unha vivenda, abrir un negocio ou ampliar unha empresa, a situación está a xerar un importante descontento social e as queixas multiplícanse, ademais, con acusacións por supostos casos de nepotismo”, sinalaron dende o PP, que deixaron claro que o seu obxectivo “ é unicamente mellorar a calidade de vida da xente e que o goberno local espabile e atenda as súas obrigas cos cidadáns nas competencias municipais, porque leva anos vivindo moi comodamente, cunha vagancia total derivada da maioría absoluta que motiva que se sintan por riba do ben e do mal”.

Por isto, e ante o incremento das queixas que están a recibir, os populares de Tomiño tamén queren coñecer se dende o Concello de Tomiño, tal e como sinalaron algúns veciños, se está a recomendar aos veciños a xestión e contratación dos expedientes urbanísticos a determinados estudos profesionais de arquitectura alegando “un suposto coñecemento da normativa urbanística local que aceleraría os trámites”.

“Queremos chegar ao fondo da cuestión, tanto nos motivos do retraso no tratamento dos expedientes e a concesión de licenzas como nesa outra xestión que podería ser de maior gravidade con supostos amiguismos a prol de determinados estudos se é certo que os expedientes se tratan a distintas velocidades. Pero en todo caso, o noso único ánimo é esclarecer esta situación, fiscalizar o labor do goberno como nos corresponde e que o servizo mellore en aras do benestar da xente e de que estea axeitadamente atendida polo seu concello”, manifestaron dende o PP tomiñés.

A formación que dirixe Lara Meneses, que revelou que hai estudos de arquitectura que rexeitan traballar en proxectos urbanísticos de Tomiño polas trabas e os longos prazos existentes, lamentou o “despropósito” no que o goberno local ten sumido ao urbanismo de Tomiño, o que xera “desconfianza, perda de investimentos e merma da calidade de vida dos veciños”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí