Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tomiño esixe máis investimentos en saneamento, aparcamento e comercio nos orzamentos municipais 2024

Para corrixir as partidas -pírricas-, e avances reais no polígono agroindustrial de figueiró

Para corrixir as partidas -pírricas-, e avances reais no polígono agroindustrial de figueiró

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Diciembre de 2023

Fuente: PP de Tomiño

  • -Os populares consideran “totalmente insuficiente” a dotación de 60.000 euros para novos sumidoiros “cando apenas houbo avances nestes anos, cando nove parroquias apenas contan co servizo e cando preto de 9.000 tomiñeses non teñen acceso á rede”
  • -Cren que a partida de 25.000 euros para mellora do estacionamento “non servirá para coutar este grave problema” e demandan que se aumente a partida de 163.000 euros para o comercio, que realmente é inferior, xa que 67.000 euros destínanse ao mercado
  • -Acusan á alcaldesa de “trileira” por elevar a 5,2 millóns de euros a cifra de investimentos cando nos Orzamentos figuran 571.000 euros e por destacar a aposta polos Servizos Sociais, xa que a cifra permanece estancada en 1,3 millóns fronte á suba do 5% das contas municipais

O grupo municipal do PP de Tomiño vai esixirlle ao goberno local que inclúa partidas máis elevadas nos investimentos en materia de saneamento –algo moi demandado pola veciñanza–, aparcamento e comercio no proxecto de Orzamentos Municipais 2024, que se debaterá mañá en pleno, para corrixir as cantidades “pírricas” propostas polo executivo do BNG. Ademais, tamén pedirá avances reais no polígono agroindustrial de Figueiró, “que nin aparece no documento nin tampouco no anuncio de fondos externos que, segundo a alcaldesa, chegarán o vindeiro ano”.

Así, os populares consideran “totalmente insuficiente” a dotación de 60.000 euros para novos sumidoiros, lembrando que se trata dunha competencia exclusivamente municipal, polo que é o Concello quen ten a responsabilidade de investir e implantar este servizo básico aos veciños.

“Apenas houbo avances ao longo destes anos nalgúns barrios do centro, e o goberno de Sandra Álvarez vai xa para 17 anos, e ata nove parroquias e preto de 9.000 tomiñeses carecen deste servizo e non teñen acceso á rede, polo que cremos que estes 60.000 euros só se poden interpretar como un desprezo aos cidadáns”, manifestou a voceira municipal, Lara Meneses, que indicou que agás Tomiño, Goián, Figueiró, Forcadela e Estás –e en moitos casos de xeito parcial e incompleto– “o resto das parroquias están abandonadas á súa sorte”.

Ademais, a concelleira tamén indicou que os 25.000 euros da partida para aparcamentos “non servirá para coutar este grave problema e darlle unha solución definitiva a unha cuestión que preocupa moito aos veciños e aos comerciantes e ademais cremos que nin sequera chegará para pagar toda a saburra que se gasta anualmente para parchear de xeito precario os espazos habilitados”.

Nesta mesma liña, a voceira popular tamén reclamou, como leva facendo ao longo desta lexislatura, máis fondos e unha aposta decidida de apoio ao comercio local, xa que nos Orzamentos figuran 163.000 euros nesta partida, que realmente quedan en 96.000, xa que os 67.000 restantes destínanse ao mercado. “Sen solución no estacionamento e con poucos fondos para dinamizar, colaborar e apoiar ao comercio, Tomiño segue esmorecendo no centro ante a desidida do goberno”, lamentou.

Finalmente, o PP tomiñés tamén acusou á alcaldesa de “trileira” por elevar a 5,2 millóns de euros a cifra de investimentos do vindeiro ano nos Orzamentos Municipais, “xa que esa contía debe estar só no seu maxín, posto que no documento só aparecen 571.000 euros, catro veces menos que o veciño Concello do Rosal malia duplicalos en poboación.

Así mesmo, tamén considera “fóra da realidade” a súa aseveración de que hai unha forte aposta polos Servizos Sociais, xa que a cifra de 1,3 millóns de euros aparece estancada fronte á suba do 5% do total do orzamento. “Realmente o que hai na área social é un retroceso, xa que a partida non medra nin a media das contas e ademais, coa inflación existente de case o 4%, poderán facerse menos cousas con eses cartos que as atencións que se desenvolveron neste ano que remata”, concluíron.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí