Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tomiño propón ao Concello de Tomiño trasladar o consultorio de Goián, pechado desde hai ano e medio

Defende que o local onde estaba a clínica Miño -é unha oportunidade-

Defende que o local onde estaba a clínica Miño -é unha oportunidade-

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Octubre de 2021

Fuente: PP de Tomiño

  • “Sempre defendemos a continuidade do consultorio de Goián, xa que dá resposta a un núcleo de poboación importante e evita sobrecargar a actividade do centro de saúde de Tomiño”, defende González Miranda.
  • Defende que o local onde estaba a clínica Miño “é unha oportunidade”, porque xa está acondicionado para o uso médico, cumpre con todos os requisitos para desenvolver a atención sanitaria en condicións óptimas e permitiría un traslado rápido.

 

 

O Partido Popular de Tomiño reclama ao Goberno local trasladar o consultorio de Goián, actualmente pechado porque incumpre as medidas de prevención, a un novo local que permita atender aos veciños desta parroquia e, ademais, evitar o colapso do Centro Médico de Tomiño.

 

Deste xeito, defenderá no pleno municipal do luns unha moción na que insta ao Goberno do BNG a trasladar o consultorio médico de Goián ao local onde estaba ubicado, ata hai uns meses, a clínica Miño. O voceiro popular, Esteban González Miranda, defende que “é unha oportunidade perfecta para que Goián conte cun consultorio médico que cumpla con toda a seguridade sanitaria nestes tempos de pandemia”. É un local que xa está acondicionado para o uso médico, que cumpre con todos os requisitos para desenvolver a atención sanitaria en condicións óptimas, e que permitiría un traslado rápido. “O único que fai falta é a vontade do Goberno local para facer o cambio, e cambiar o aluguer do actual consultorio por este novo”.

 

O voceiro recorda que en xullo de 2020 o PP xa presentou en pleno unha moción para buscar unha nova ubicación e poder reabrir o consultorio, pechado desde marzo de 2020 por non cumprir coas medias sanitarias esixidas polo Ministerio de Sanidade pola COVID19, unha moción que foi rexeitada polos votos en contra do BNG.

 

Desde entón non se tomou ningunha decisión por parte do Goberno local para solucionar esta situación que, ademais, provoca que os 2.000 residentes en Goián teñan que desprazarse ata o Centro Médico de Tomiño, provocando non só molestias a estes veciños, senón que tamén colapsa a atención sanitaria en Tomiño.

 

“Sempre defendemos a continuidade do consultorio de Goián, xa que dá resposta a un núcleo de poboación importante e evita sobrecargar a actividade do centro de saúde de Tomiño”, defende González Miranda. Ademais, di que ante a parálise do Goberno local, desde o PP mantivemos conversas coa Xerencia do Sergas na área de Vigo, e amosan a súa predisposición para levar adiante esta reubicación das instalacións de Goián e restablecer así o servizo médico canto antes nesta parroquia. “Só queda pendente a vontade do Goberno local, pero confiamos en que sexan capaces de antepoñer o interese xeral dos veciños de Goián e o interese sanitario por diante dos políticos”.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí