Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tomiño reclama solucións para veciños e negocios da Rúa Uruguay

Esta semana os veciños da rúa Uruguay comunicáronse connosco para expresarnos a problemática que están a vivir a diario debido á inoperancia do gobernó municipal na zona

Esta semana os veciños da rúa Uruguay comunicáronse connosco para expresarnos a problemática que están a vivir a diario debido á inoperancia do gobernó municipal na zona

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Febrero de 2023

Fuente: PP de Tomiño

Por unha banda, a falta de accesibilidade dun veciño con mobilidade reducida á súa casa. A vivenda atópase nunha zona residencial de Tomiño.

O propietario, tras realizar varias melloras na súa casa a fin de garantir que sexa accesible para persoas con mobilidade reducida, atópase agora fronte a un obstáculo máis difícil de superar: o acceso a través da vía pública. O tramo de beirarrúa que habilitaran fronte á vivenda atópase frecuentemente taponado por vehículos. Os seus donos ignoran o bloqueo producido debido á falta de sinalización, xa que os bolardos que foran instalados desapareceron. O veciño coméntanos que tivo que pedirlle a familiares que colocasen dous bloques de formigón para tratar de solventar o problema de forma provisional, sen moito éxito.

A maiores, debido ao mal estado do pavimento a zona se encharca, cos prexuízos que supón atravesala coa cadeira de rodas. Afirma que xa non é só é unha cuestión de comodidade senón tamén de seguridade.

Solicita que se tomen medidas urxentes para mellorar o acceso á súa casa, como a instalación de señalética ou bolardos que impidan o estacionamento no tramo de beirarrúa e a reparación do pavimento. Tamén insta a que se tomen medidas máis amplas para mellorar a accesibilidade en toda a zona residencial.

Desexa que se estes cambios resolvan a situación e melloren a calidade de vida das persoas con discapacidades que viven na nosa comunidade.

Desde o Partido Popular de Tomiño subliñamos a importancia de traballar xuntos para mellorar a accesibilidade e a inclusión das persoas con mobilidade reducida nas nosas veciñanzas. Debemos tomar medidas para eliminar as barreiras que lles impiden participar plenamente na sociedade e ofrecer a nosa axuda e apoio sempre que sexa posible. Só así poderemos construír unha comunidade máis xusta e inclusiva para todos.

Doutra banda, os propietarios da Cervexaría Olalá tamén nos trasladan a imposibilidade de obter unha licenza para a terraza do seu bar. Xa transcorreron varios meses desde que tramitaron a solicitude necesaria para operar a terraza, pero ata o momento non tiveron éxito.

Asegúrannos que seguiron todos os procedementos e requisitos necesarios para a súa obtención, con todo, non recibiron información sobre o proceso de revisión e aprobación do trámite.

Xa tentaron en varias ocasións poñerse en contacto coas autoridades encargadas da xestión destas licenzas, pero as respostas obtidas foron ambiguas. Isto está a causar un atraso significativo na apertura dun elemento imprescindible para o seu negocio e estalles xerando perdas económicas considerables.

Solicitan unha resposta clara e concisa sobre o estado da súa solicitude da licenza, e unha explicación de por que se está bloqueando a súa aprobación. Espera que se tomen medidas para acelerar este proceso e poder operar o seu negocio con normalidade e acorde á lei.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí