Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tomiño solicita axudas para as grandes Comparsas do Entroido e a potenciación do -Venres de foliada-

Os populares van presentar unha moción ante o pleno para demandarlle ao Concello que colabore coas entidades Luces, Revolución Show, Estrelas da Noite e Ciklón con accións de promoción e achegas económicas para desprazamento e material

Os populares van presentar unha moción ante o pleno para demandarlle ao Concello que colabore coas entidades Luces, Revolución Show, Estrelas da Noite e Ciklón con accións de promoción e achegas económicas para desprazamento e material

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Septiembre de 2023

Fuente: PP de Tomiño

-Os populares van presentar unha moción ante o pleno para demandarlle ao Concello que colabore coas entidades Luces, Revolución Show, Estrelas da Noite e Ciklón con accións de promoción e achegas económicas para desprazamento e material

-A voceira municipal, Lara Meneses, cre que é “imprescindible” apoiar a estas comparsas, “xa que nelas participan centos de persoas do noso concello, difunden a nosa cultura, fan que sexamos unha referencia do Entroido e levan o nome de Tomiño por toda Galicia e Portugal”

-O PP tamén lle reclama ao goberno local que complete a programación do “Venres de Foliada”, que é a xornada inaugural do Entroido na que se presentan as comparsas locais e doutros puntos ante milleiros de persoas “e debemos conseguir un retorno socioeconómico”

O grupo municipal do PP de Tomiño vén de anunciar a inminente presentación dunha moción ante o pleno da corporación municipal, que terá a vindeira sesión ao longo da próxima semana, para solicitar máis apoio e a concesión de axudas para as grandes comparsas locais do Entroido, así como a potenciación do emblemático “Venres de Foliada” co que se abren estas festas no concello.

A proposta dos populares inclúe, en primeiro lugar, a realización de accións de promoción e a concesión de achegas económicas para desprazamentos e materiais a prol das entidades de música e baile Luces, Revolución Show, Estrelas da Noite e Ciklón.

“Cremos que é imprescindible apoiar moito máis a estas comparsas, incluso concedéndolles algunha axuda económica que non supón case nada para as arcas municipais, pero que a estas entidades lles serverá de gran empuxe. Son un orgullo do noso pobo e nelas participan centos de persoas do noso concello, difunden a nosa cultura, fan que sexamos unha referencia no Entroido e levan o nome de Tomiño por toda Galicia e Portugal con moita animación e espectáculos de gran calidade”, salientou a voceira municipal, Lara Meneses.

A concelleira popular, que tamén quixo recoñecer o gran labor que fan outras comparsas máis pequenas e comisións de festas que circunscriben o seu ámbito de actuación ao municipio durante o Entroido, considera que nunha primeira fase “hai que axudar a aquelas formacións máis grandes, que se moven por todo o territorio e que teñen máis gastos, pero máis adiante habería que estudar a posibilidade de respaldar tamén a todos aqueles colectivos que fan grande o Entroido de Tomiño”.

Así mesmo, a moción do PP tomiñés tamén incluirá a organización, por parte do Concello, dunha programación máis ampla para o “Venres de Foliada”, que é a xornada inaugural do Entroido na que se presentan, cun espectacular pasarrúas, as comparsas locais e as procedentes doutras localidades nun acto festivo que reúne a milleiros de persoas na vila.

“O Venres de Foliada é, xunto ao día grande das Festas do Alivio, a data na que máis xente hai de longo en Tomiño, pero cremos que a súa concepción debe ser moi mellorada porque, cando rematan as comparsas, non hai máis programación e a moitísima xente que vén vaise para as súas casas e precisamos que queden en Tomiño para que xeren un importante retorno socioeconómico. Para elo precisamos que ese día haxa máis actividades complementarias que lle imos esixir ao Concello”, concluíu Meneses.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí