Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP de Tui presenta unha moción sobre a iluminación ornamental e ampliación das pasarelas peonís na vella Ponte internacional

Trátase dunha iniciativa que consideramos de interese para a nosa cidade e que coincide temporalmente coa conmemoración do 135 aniversario da inauguración da Ponte Internacional.

Trátase dunha iniciativa que consideramos de interese para a nosa cidade e que coincide temporalmente coa conmemoración do 135 aniversario da inauguración da Ponte Internacional.

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Marzo de 2021

Fuente: PP de Tui

MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR NO CONCELLO DE TUI SOBRE A ILUMINACIÓN ORNAMENTAL E AMPLIACIÓN DAS PASARELAS PEONÍS NA VELLA PONTE INTERNACIONAL.

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Tui, conforme ao previsto no artigo 97.2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, desexa elevar ao Pleno Municipal a seguinte Moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A cidade de Tui e o municipio de Valença do Minho están ligadas íntimamente, dende hai séculos e froito desta unión entre ambos municipios foi creada o 10 de Febreiro de 2.012 a Eurocidade Valença-Tui .

Sobre ao Río Miño atópase a Vella Ponte Internacional que a día de hoxe, despois de 135 anos dende a súa inauguración (foi inaugurada oficialmente ao 25 de Marzo do ano 1886) serve para ao tránsito de persoas, vehículos e ferrocarrís. Destacamos nesta moción ao tránsito de persoas debido o feito que esta Ponte Internacional sexa tamén ao acceso a España dende Portugal do Camiño de Santiago Portugués.

A pesar de ser unha construción tan significativa e importante, a día de hoxe non dispón da dotación merecida en canto a iluminación se refire. Actualmente a iluminación que posúe a Vella Ponte Internacional basease únicamente no alumeado da propia da calzada por onde pasan os vehículos. Trátase dunha iluminación con tecnoloxía fluorescente anticuada e pouco eficiente, non é acorde co respeto polo medio ambiente e a eficiencia enerxética.

A Vella Ponte carece dun alumeado ornamental que promova ao ensalzamento tanto da súa estructura metálica como dos seus pilares de pedra. O que preténdese nesta moción é a posta en valor da figura da Ponte Internacional, que sexa unha icona referencial dende o punto de vista arquitectónico, patrimonial e turístico.

A Ponte metálica é tamén o símbolo da unión entre Valença e Tui e da continuidade entre ambas cidades, a Ponte é o elemento que facilita a permeabilidade entre Valença e Tui. Neste sentido cómpre estudar a viabilidade dunha intervención que facilite e mellore a comunicación entre as dúas localidades e deste modo incrementar a súa cohesión social. Neste sentido cómpre analizar na vella Ponte Internacional unha posible ampliación das pasarelas peonís a ambos lados da ponte para facilitar o paso dun maior número de persoas, tanto peóns como ciclistas, que cruzan esta Ponte Internacional. Son moitos os turistas que poderían usar estas pasarelas para cruzar dun país a outro a maiores dos cidadáns da Eurocidade Valença-Tui debido a que esta estrutura pode ser considerada unha rúa máis desta Eurocidade. Unhas pasarelas peonís necesarias para un funcionamento con seguridade do servizo de bicicletas compartidas que vai poñer en marcha a Eurocidade Valença – Tui e que tamén facilitará a comunicación entre as redes de sendeiros peonís a ambos lados do río Miño.

En consecuencia, o Grupo Municipal do Partido Popular solicita ao Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte ACORDO:

Solicitar por parte da Corporación do Concello de Tui xunto coa Cámara Municipal de Valenca ás autoridades competentes, tanto portuguesas como españolas a redacción dos estudos e proxectos necesarios para a iluminación ornamental da Ponte Internacional sobre o Miño e a mellora e ampliación das pasarelas peonís para facilitar a mobilidade entre Valença e Tui promovendo a cohesión social e a potencialidade turística da eurocidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones